Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Paloma Castro esixe no Parlamento de Galicia o desbloqueo da dirección dos xuíces

Información
25 Octubre 2023 - En Portada 4356 votos - Correo electrónico - Imprimir

 

Paloma Castro 241023 01A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, acusou ao PP de vulnerar a Constitución negándose a renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial “para controlar á cúpula xudicial con xuíces afíns”. Castro presentou no Parlamento unha proposición non de Lei para reclamarlle ao PP que remate cun bloqueo que dura xa 5 anos, nos que teñen ao CXPX como “refén” para “chantaxear á democracia”.

Acusou ao PP de sobrepasar tódolos límites por unha “cuestión de pura supervivencia” nun partido que “utilizou ás institucións para financiarse ilegalmente”, que foi cualificado de “organización criminal” pola Udef. Un partido, lembrou, que ten “máis de 300 imputados ou condenados por corrupción”, incluíndo 6 ministros e 8 presidentes autonómicos, “por non falar dun presidente que se pasea cun narco”.

Reclamoulles que “asuman” que a aritmética parlamentaria non lles permite gobernar e “deixen de instrumentalizar ás institucións”, coa que “debilitan o seu funcionamento e degrada a calidade democrática”. Criticou o seu “cinismo e hipocrisía políticos”, ao negarse a renovar o goberno dos xuíces ao tempo que “nos din agora que hai que fortalecer a independencia xudicial”, propoñendo un novo sistema de elección cunha proposta “falsa, oportunista, electoralista e enganosa”.

Criticou que aquel partido “priorice os intereses particulares” sen importarlle que o bloqueo “afecta gravemente ao funcionamento da Xustiza, impactando directamente na cidadanía, xa que está a provocar que haxa vacantes sen renovar, demoras nos procesos xudiciais e maior carga de traballo para os xulgados”. Explicou que o Tribunal Supremo ten un 30 por cento menos de efectivos e ten algunhas das súas salas “ao borde do colapso”.

Acusou ao PP de impoñer unha “concepción patrimonialista da xustiza, do Estado e de España”, perpetuando con Feijóo o mesmo bloqueo que iniciaran con Pablo Casado, e que xa repetiran durante oito meses entre 1995 e 1996 e durante dous anos máis entre 2006 e 2008.

social youtube xornalgalicia   feed-image