O GRUPO SOCIALISTA ALERTA DA FALLA DUNHA POLÍTICA GALEGA DE LOITA CONTRA O LIXO MARIÑO POR PARTE DA XUNTA LOGO DA CONTAMINACIÓN POR PÉLETS

Información
08 Junio 2024 - En Portada - Correo electrónico - Imprimir - 661 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

Paloma_Castro_070624_04.jpgPaloma Castro esíxelle ao goberno galego que cumpra co acordo parlamentario de 2021 para dotar fondos específicos para a recollida e recuperación de residuos mariños

Santiago de Compostela, 08 de xuño de 2024. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Paloma Castro, denunciou hoxe a falla de política de loita contra o lixo mariño por parte da Xunta, que “está a demostrar que non ten aprendido a lección da contaminación por pélets deste inverno”. Castro presentará unha iniciativa parlamentaria no Pleno desta semana coincidindo coa celebración, hoxe 8 de xuño, do Día Mundial dos Océanos.

A responsable socialista esixiulle ao goberno galego que cumpra co acordo parlamentario aprobado por iniciativa dos socialistas galegos o 8 de xuño de 2021, co compromiso de crear unha partida orzamentaria con fondos propios para implementar programas de recollida e recuperación de residuos mariños. Tamén reclamaba “campañas de información e sensibilización sobre o papel da cidadanía na loita contra a contaminación plástica e do lixo mariño”.

Castro cualificou de “broma de mal gusto” que o goberno galego non teña movido un só papel para despregar un plan específico de recollida e reciclaxe dos residuos mariños precisamente no ano da invasión por pélets na costa galega. O caso demostrou que, “fora da nefasta xestión levada a cabo polo goberno galego, os equipos de recollida feitos ad hoc demostraron que existe unha gran cantidade de plásticos que chegan tódolos días ás nosas costas”.

Reclamoulle á Xunta que implemente políticas propias de loita contra o lixo mariño, a través dun programa propio co obxectivos cuantitativos e cualitativos “que permita mellorar a situación na que nos atopamos na actualidade”.

Castro cualificou o compromiso da Xunta co medio ambiente de “puro postureo”, logo de constatar que o Plan Mar Limpo 2016 – 2020 foi concibido “para salvar os mobles”, pola escasa ambición e unha actuación “moi limitada” con relación á dimensión do problema da contaminación mariña. A responsable socialista reclamou un compromiso real con orzamento concreto para superar “maquillaxes e lavados de cara” e financiar programas de recollida de lixo mariño no mar.

Reclamou tamén a instalación de estruturas axeitadas de almacenamentos de desfeitos a bordo, o financiamento dos custes de tratamento de residuos, investimentos nos portos para a recepción e almacenamento das artes de pesca perdidas e os desfeitos mariños recollidos, e programas de sensibilización. Ademais, propón realizar avaliacións anuais dos residuos recollidos como medida eficaz á hora de loitar contra a contaminación mariña.

A parlamentaria socialista criticou o desinterese do goberno galego en materia de medio ambiente, cunha Lei de residuos que foi aprobada en febreiro deste ano pero naceu xa extemporánea, redactada hai 6 anos sen adaptarse á directiva europea de residuos de 2019. A Lei chega sen incorporar as esixencias comunitarias para a xestión dos plásticos, un dos principais contaminantes dos mares, e que tampouco contempla realidades como a covid – 19 e os residuos que xera.

 

Castro alertou da “nefasta xestión das augas residuais”, cando o goberno galego segue sen aprobar o plan de rexeneración das rías galegas, logo da multa millonaria imposta pola UE a España en novembro de 2018 derivada da contaminación das rías galegas. É o caso tamén da Lei de Patrimonio Natural de Galicia de 2019, contraria á realidade galega “ao non incluír os ecosistemas mariños como espazos naturais protexidos”.

Adjuntos
Paloma Castro Día dos Océanos 080624.mp3 [1.29Mb]
Subido Hace 2 semanas. por xornalgalicia
2978 POP Residuos mar PSdeG.pdf [366Kb]
Subido Hace 2 semanas. por xornalgalicia

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal