Isabel Faraldo, coordinadora nacional de Podemos Galicia, participa, xunto con membros da dirección galega e militantes do partido, na manifestación que tivo lugar en Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública.
Podemos Galicia forma parte da plataforma SOS Sanidade Pública e colabora activamente en todas as mobilizacións que teñen lugar no territorio co fin de denunciar os recortes que aplica o Partido Popular na sanidade pública a cambio de destinar inxentes cantidades de diñeiro público ao negocio da sanidade privada.
A dirixente de Podemos en Galicia sinalou ante os medios de comunicación: “Alfonso Rueda e o conselleiro están a sumir á nosa sanidade nun caos total. A falta de medios humanos e materiais está a poñer en risco a saúde. É urxente reforzar a atención primaria por ser un elo fundamental no sistema sanitario. "Non pode ser que esteamos días esperando para ser atendidas pola médica ou médico de cabeza porque están desbordados ou porque non se cobren as vacantes".
Faraldo afirmou con rotundidade que o Goberno do PP busca dinamitar a sanidade pública para favorecer o negocio dos seguros privados. Estamos a asistir a unha privatización descarada a través de concertos, externalizacións e a derivación de pacientes a hospitais privados”. Neste sentido, a líder de Podemos indica que “non se pode consentir que nin un só euro de diñeiro público vaia para as aseguradoras privadas; queremos un sistema 100% público onde se garanta unha boa calidade asistencial e unhas condicións laborais dignas. A saúde non é un negocio; as políticas neoliberais do presidente Alfonso Rueda cústannos vidas”.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- Feijóo españoliza la campaña electoral del 18 F gestionando un Grupo Político carcomido por sus vínculos al narcotráfico y la corrupción.
- Exclusiva, relato y documentos de la mayor trama de estafa de mascarillas montada por Feijóo y María del Mar con un condenado por corrupción....
- María del Sánchez Sierra: Acoso y abuso de poder desde las sombras de Feijóo y propias del fascismo más criminal.