Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

González Casares acusa ao PP de atacar os intereses de España

Información
08 May 2025 - En Portada - Correo electrónico - Imprimir 598 votos

Cartel do festival EmigraSon

  • Os socialistas españois no Parlamento Europeo critican ao Partido Popular por “atacar os intereses de España e de Europa”, e “facer unha oposición destrutiva e carroñera para difamar ao Goberno"

Nun debate no Pleno sobre o apagamento na Península Ibérica, Nicolás González Casares lembrou que o PP tratou de impedir que “unha española sexa a número 2 da Comisión Europea e atacar ás renovables, parte indiscutible do futuro do noso país” e acusounos de “crear un falso debate entre renovables e nucleares para encher os petos duns poucos”. “En España non se pechou unha soa central nuclear, o mix eléctrico do día do apagamento non tiña máis renovables que calquera outro día ou que outros moitos países europeos”, asegurou.

O eurodeputado socialista, que é membro da Comisión de Industria e Enerxía, dixo que os populares poderían aproveitar para “reivindicar as interconexións, que claramente necesita o noso país, ou para falar de modernizar e dixitalizar as redes europeas ou avanzar en almacenamento e flexibilidade do sistema”.

González Casares defendeu o papel das enerxías limpas. “Coa súa aposta renovable, España xa está a reducir facturas de cidadáns e atraendo industria. Cantas máis renovables, menos dependentes e máis competitivos”, dixo.

"O futuro de España e de Europa será verde, sen dúbida serao" finalizou.

González20Casares20en20el20pleno20de20hoy.20ALAIN20ROLLAND1.jpg

social youtube xornalgalicia   feed-image