Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

BESTEIRO ACUSA Á XUNTA DE ABANDONAR O SECTOR MARISQUEIRO DA RÍA DE AROUSA

Información
26 May 2025 - En Portada - Correo electrónico - Imprimir 500 votos

El misterio de la relación entre Feijóo y Dorado que la policía certificó  en 2003 y nunca llegó a los tribunalesBESTEIRO ACUSA Á XUNTA DE ABANDONAR O SECTOR MARISQUEIRO DA RÍA DE AROUSA E REIVINDICA A VIVENDA PÚBLICA QUE O CONCELLO ESTÁ CONSTRUÍNDO EN TERREOS CONFISCADOS AO NARCO MARCIAL DORADO

“Onte falábanos Feijóo do rearme moral, pero rearme moral é o que está facendo na Illa o Concello socialista”, asegurou o secretario xeral do PSdeG A produción marisqueira na Illa caeu un 31% nun ano, cunhas perdas económicas superiores aos 15 millóns de eurosO líder socialista reuniuse na confraría de pescadores coas mariscadoras e visitou varias bateas

A Illa de Arousa, 26 de maio de 2025. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visitou esta mañá a Illa de Arousa, onde se reuniu na confraría de pescadores coas mariscadoras e percorreu as bateas da zona. Alí denunciou a inacción da Xunta fronte ao deterioro da ría e puxo en valor o compromiso dos gobernos socialistas coa vivenda pública e a xustiza social.

“O mundo emblemático que é a Illa de Arousa, un centro de produción marisqueira de referencia, está a rexistrar unha caída da produción do 31% por mor da inacción da Xunta de Galicia. Iso tradúcese en máis de 15 millóns de euros perdidos nun ano e case 2 millóns menos para a confraría da Illa”, advertiu Besteiro.

Fronte a esa deixación de funcións por parte da única administración con competencias, sinalou que “as políticas da Xunta están ausentes: o saneamento, a recuperación, a evitación dos verquidos á ría, o dragado da propia ría, o coidado, o mantemento... obras como a Depuradora de Augas Residuais están a ser afrontadas só polo Goberno de España e polo Concello. A aposta da Xunta de Galicia debe ser real pola recuperación das nosas rías”.

Besteiro contrastou esta realidade coa hipocrisía do PP, e concretamente de Rueda e Feijóo: “Onte falábanos Feijóo do rearme moral. Rearme moral é o que está facendo na Illa o Concello socialista, recuperando terreos confiscados ao seu amigo narco para facer vivenda social, para poñer fin tamén a un problema evidente, que tamén se vive aquí: a ausencia de vivenda, a ausencia de vivenda pública, que durante os últimos 15 anos o Partido Popular non foi quen de facer”.

“Hoxe aquí en Galicia, na Illa da Arousa, cun Goberno socialista, estase poñendo fin a esa situación: recuperar terreos embargados aos narcos para facer 70 vivendas sociais e un marabilloso parque para a veciñanza deste concello”, concluíu.

Na súa visita, Besteiro estivo acompañado polo alcalde da Illa, o socialista Luis Arosa; polos deputados Julio Abalde e Paloma Castro; e polo portavoz da Executiva Nacional do PSdeG, Julio Torrado.

social youtube xornalgalicia   feed-image