Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

Bandeiras Negras 2025 sinala a ocupación do espazo público marítimo terrestre como unha práctica moi estendida

Información
17 Junio 2025 - En Portada - Correo electrónico - Imprimir 504 votos
  • Feijóo y Eva Cárdenas bajo el escrutinio público por acciones legales para  despistar de la controvertida propiedad en MoañaEcoloxistas en Acción presentou o seu informe Bandeiras Negras 2025’, co que saca á luz os casos máis significativos de contaminación e mala xestión ambiental das costas do Estado español. Como cada ano desde 2005, outorgáronse 6 Bandeiras Negras a Galicia, dúas por provincia.
  • Nesta edición fíxose especial fincapé na apropiación e ocupación do espazo público marítimo terrestre no litoral. Unha práctica moi estendida por parte de particulares adiñeirados e sociedades mercantís.
  • No ámbito estatal destacouse a sobreexplotación turística, cos seus resorts de luxo e instalacións de lecer exclusivas, como a causante de moitas das usurpacións de espazo público. Algo que tamén o sufre as costas galegas, sobre todo nos puntos de maior masificación turística na tempada estival.

Un ano máis desde 2005, e despois dunha nova inspección dos máis de 8.000 quilómetros do litoral, Ecoloxistas en Acción presentou o informe Bandeiras Negras 2025. Outorgáronse un total de 48 Bandeiras Negras, dúas por província e/o cidade autónoma, unha Bandeira Negra por contaminación e outra por mala xestión ambiental das costas do Estado español. En Galicia o informe recolle 6 bandeiras negras coas afeccións ambientais máis graves no litoral galego, “aínda que non son as únicas, podería ser unha longa lista pero só recollemos as máis rechamantes”, segundo advirten desde a organización ecoloxista. 

 

No informe galego deste ano volven a sinalarse os problemas ambientais provocados pola industria como a balsa de residuos de Alcoa ou a grave ameaza que suporía a instalación da macrofábrica de celulosa de Altri. Non falta a denuncia do tratamento deficiente das augas de refugallos e residuos que xeran as urbes e que son uns dos principais causantes da degradación das rías galegas.

 

Un ano máis obsérvanse problemáticas similares ás anteriores, aínda que sen dúbida un dos maiores problemas aos que nos enfrontamos é a apropiación e ocupación do espazo público marítimo terrestre. Un problema acuciante que este ano recibe 3 bandeiras negras nas costas galegas. A pesar da flagrante ilegalidade destas apropiacións de terreo público, moitas veces algunhas administracións non fan cumprir a lei de Costas. Este desleixo facilitou que se convertira nunha práctica estendida moi por parte de particulares adiñeirados e sociedades mercantís. É o caso da bandeira negra aos propietarios da urbanización privada na illa de Toralla, en Vigo, que consideran que toda a illa é da súa propiedade e, co consentimento das administracións, negan o libre acceso tanto ao litoral como ao interior de Toralla. 

 

Noutros casos é o propio Estado quen privatiza encubiertamente un espazo público outorgando concesións a empresas privadas para usos mercantís que restrinxen o libre acceso á poboación. Este é o caso de Isla Pancha, en Ribadeo, onde ademais faise un uso indebido do espazo, xa que este pertence á Rede Natura 2000. A sobreexplotación turística, cos seus resorts de luxo e instalacións de lecer exclusivas, tamén está detrás de moitas das usurpacións de espazo público e adoita ser constantemente sinalado, ano tras ano, no informe Bandeiras Negras. 

 

Unha das bandeiras negras máis destacada deste ano por apropiación do espazo público marítimo-terrestre é a outorgada a Alberto Nuñez Feijóo, e á súa parella, Eva Cárdenas, por ocupación de espazo público na praia de O Con, costa de Tirán, no municipio de Moaña. Aínda que a superficie ocupada non representa unha gran extensión como noutros casos, si é moi relevante que o infractor consorte sexa o ex presidente da Xunta e actual presidente do Partido Popular de España. A Xunta de Galicia, gobernada polo Partido Popular, acaba de recibir as competencias na xestión dos usos do litoral, tras un polémico e xudicializado traspaso de competencias do Goberno central. Que o propio Alberto Nuñez Feijóo usurpe terreos de dominio público terrestre para o seu beneficio persoal vén confirmar todos os temores de que a onda de reclamación de competencias no litoral realizada polo Partido Popular non ten como fin facer cumprir a lei de Costas, senón retroceder no pouco avanzado na recuperación e rexeneración do litoral e perpetuar a ocupación e apropiación do espazo público realizada por unha minoría adiñeirada. 

 

Aínda que non sinalada este ano no informe, hai unha mención especial á factoría celulósica de ENCE na ría de Pontevedra. As instalacións no litoral desta pasteira, cuxa legalidade está en entredito trás admitir Tribunal Constitucional o recurso de amparo presentado polo Concello de Pontevedra, é un dos exemplos de ocupación e uso industrial indebido do espazo público marítimo terrestre e de como algunhas administracións amparan as ilegalidades dunha minoría adiñeirada, mentres que aplican a lei sen miramientos ao cidadán común. As continuas malas prácticas ambientais de ENCE Pontevedra fixérona merecedora de numerosas bandeiras negras, tendo o récord de Galicia. 

 

Relación bandeiras negras otorgadas no 2025 en Galicia:

Na provincia de Pontevedra unha bandeira negra especial por usurpación de espazo público a Alberto Nuñez Feijóo por apropiación de terreo público marítimo-terrestre na praia de O Con, Moaña. 

[UBICACIÓN]   [GALERÍA IMÁXES]   [VÍDEO REPORTAXE]

Eva Cárdenas, a muller de Alberto Núñez Feijóo (ex presidente da Xunta e actual presidente do PP en España), realizou unha solicitude á Dirección Xeral da Costa e o Mar para seguir ocupando o seu chalé, na costa de Tirán (Concello de Moaña), unha franxa de 210 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre, que lles permite gozar dun acceso privado á praia de O Con. Ademais, o muro de peche perimetral do chalé, levantado nos terreos ilegalmente ocupados, imposibilita á veciñanza o acceso a esta zona da costa de Tirán e o goce da praia de O Con. Praia de difícil acceso por terra en pleamar, se non é pola zona ocupada agora polo chalé propiedade de Feijoó e a súa parella. A franxa ocupada afecta tamén ao miradoiro e paseo denominado O Fiunchal, afección que tamén denunciou o concello de Moaña. O Ministerio rexeitou a finais de maio deste ano a solicitude presentada pola parella de Nuñez Feijóo, pero aínda cabe un recurso de reposición por parte da infractora. Unha vez resolta e rexeitada definitivamente a solicitude, a Dirección Xeral da Costa e o Mar debe ordenar a reposición inmediata da legalidade urbanística e impoñer as debidas sancións económicas aos infractores.

 

A bandeira negra por mala xestión, na provincia de Pontevedra, otorgouse aos propietarios das urbanizaciones da illa de Toralla e ás administracións que permiten esta usurpación de dominio público marítimo terrestre. 

[UBICACIÓN]   [GALERÍA IMAXES]   [VÍDEO REPORTAXE]

Unha barreira e un vixiante ao final da ponte impiden hoxe o acceso de vehículos e peóns ao interior da illa de Toralla. A decisión parte dos privilexiados propietarios da trintena de chalets que existen na illa e que non superan os 170 veciños e veciñas e da vista gorda das autoridades. Unha prohibición sen sustento legal. Asemade, as ampliacións realizadas por algúns dos seus habitantes nos seus terreos e propiedades, ocupando parte do bordo litoral, impiden o paso de persoas. Nin sequera se puido levar a cabo a senda peonil de tres metros de ancho ao redor da illa que en 2008 aprobou o Ministerio de Medio Ambiente, daquela dirixido por Elena Espinosa, actual cocelleira de Vigo, para proceder á recuperación do dominio público marítimo-terrestre. 

 

Na provincia de A Coruña, a bandeira negra por contaminación, na provincia de A Coruña, otorgouse a Porto de Suevos polos vertidos da depuradora. 

[UBICACIÓN]   [GALERÍA IMAXES]   [VÍDEO REPORTAXE]

De forma reiterada prodúcense vertidos de augas fecais sobre a estrada xeral CP-0503, estrada que vai desde A Coruña ata Suevos e o porto de Suevos, no municipio de Arteixo. Vertedura que espalla, atravesa un núcleo de poboación, e acaba contaminando as praias de Area Grande e a praia de Porto de. Zona de praias que reciben asiduamente a bandeira azul.

A bandeira negra por mala xestión, na provincia de A Coruña, otorgouse á multinacional ALTRI pola amenaza destrucción dos recursos hídricos e biodiversidade na ría de Arousa que supón o seu proxecto Gama de construción dunha macrofábrica celulósica. Á Xunta de Galicia por dictar unha Declaración de Impacto Ambiental favorable, sorteando ou minusvalorando os impactos ambientais que causará dito proxecto.

[UBICACIÓN]   [GALERÍA IMAXES]   [VÍDEO REPORTAXE]

O proxecto Gama promovido pola mercantil Greenfiber, creada en Galicia pola empresa portuguesa Altri e con capital de Greenalia, quere construír e operar cunha macro fábrica para producir fundamentalmente CELULOSA ata alcanzar 400.000 toneladas desta pasta e 200.000 da fibra téxtil de Lyocell, ademais doutros subproductos como biomasa e xeso a base de madeira de eucalipto para un tempo inicial de 75 anos. Isto requirirá unha captación de 46 millóns de auga ao día, tanto como consome toda a provincia de Lugo, e un permiso de vertedura industrial ao río Ulla de 30 millóns de auga día de augas residuais que subirán a temperatura da auga do ría polo menos en 3 graos, estimado en 27º ou máis, cunha carga importante de materia orgánica e química que favorecería a eutrofización e deterioración da calidade da auga do río Ulla ata a súa desembocadura, nun contexto de cambio climático e escaseza de auga. Sen esquecer que a conca do Sistema Fluvial Ulla-Deza abastece numerosos poboacións augas abaixo do encoro de Portodemouro que verían comprometida a dispoñibilidade de auga para consumo humano. Sería totalmente contraditorio, de entrada xa coa Directiva Marco da auga (2000/60/CE) polas necesidades hídricas do proxecto en si e as características da vertedura. O punto de vertedura iría ao ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza (ES1140001) chegando aos ecosistemas mariños da ría de Arousa, onde desemboca o río Ulla e emprázase a Illa de Cortegada, integrante do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia sen que se avalíe o dano que se ocasionaría a esta reserva.

 

Na provincia de Lugo, a bandeira negra por contaminación otorgouse á empresa Alcoa polo recrecemento da balsa de residuos e o recén descuberto emisario oculto ao mar.

[UBICACIÓN]   [GALERÍA IMAXES

O complexo industrial de Alcoa na Mariña de Lugo é un habitual do informe Bandeiras Negras. Emisións de fluoruro de aluminio, verteduras de sosa ó mar e o risco de colapso da enorme balsa de lodos vermellos combínanse cunha longa secuencia de irregularidades na xestión para ser a candidata habitual a aparecer neste informe. Este ano denuncianse de dúas novas irregularidades na xestión ambiental de Alcoa e a súa relación coas administracións públicas. A primeira delas é a sorprendente nova da aparición en xuño do pasado ano dun emisario construido sen autorización coñecida. A segunda, a pouco rigurosa Declaración de Impacto Ambiental aprobada a finais do ano 2024 para o proxecto de ampliación do depósito de lodos vermellos, dos 100 m actuais a 104 m de cota.

A bandeira negra por mala xestión, na provincia de Lugo, otorgouse á Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria e ao Concello de Ribadeo por permitir a ocupación e uso irregular dun espazo público en Rede Natura 2000. 

[UBICACIÓN]   [GALERÍA IMÁXES] 

A adxudicación no ano 2015 sen concurso público da concesión de aproveitamento dun espazo natural protexido emblemático do Concello de Ribadeo como é a Illa Pancha, para o aproveitamento económico por Eirobra SL, sen tan sequera realizar o preceptivo estudo de impacto ambiental foi xa denunciado e sinalado cunha Bandeira Negra no ano 2022. Neste ano 2025 cúmprese o prazo de 10 anos establecido na concesión, que permite a prórroga da mesma por outros 5 anos. Entendemos que cómpre esixir que non se conceda a prórroga mentres continúen as irregularidades denunciadas pola Asociación de Veciños Por Nuestro Faro, e concretamente que se proceda a avaliación ambiental preceptiva antes de dar continuidade á explotación do paraxe. A obriga de realizar unha avaliación de impacto ambiental para realizar unha actividade económica allea ás tradicionais en zona de Rede Natura segue a ser incumprida pola promotora, e consentida polas tres administracións con competencias no asunto que transitan entre o silencio e a opacidade.

 

Máis información:

[INFORME BBNN 2025 GALIZA]   [MAPA INTERACTIVO]   [INFORME BBNN 2025 ESTATAL]

social youtube xornalgalicia   feed-image