Ecoloxistas en Acción recibiu notificación de que o Ministerio Fiscal demanda inhabilitación especial á propietaria da mina de Touro, Explotaciones Gallegas SL, para o exercicio de calquera actividade mineira ou extractiva, o que pon en causa o proxecto de reapertura da mina.
- Ecoloxistas en Acción e a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non solicitan á Xunta que retire ao proxecto de reapertura da mina a condición de interés estratéxico e proceda ao seu arquivo.
A Fiscalía ven de notificar a Ecoloxistas en Acción que vai solicitar a imposición de penas de 2 anos de cárcere e inhabilitación especial para o exercicio de calquera actividade relacionada con actividades mineiras e extractivas aos propietarios e administradores da mina de Touro por presuntos delitos contra o medio ambiente. Delitos consistentes nas verteduras con altas concentracións de metais pesados realizadas desde a explotación mineira. A Fiscalía tamén demanda a imposición de multas por valor 47.000 euros, ao entender que a póliza de seguros da mina só cubre a responsabilidade civil por contaminación súbita e accidental e non por actividades ilegais.
A solicitude da Fiscalía prodúcese logo de seis anos de instrucción por parte do Xulgado de Arzúa e como paso previo á apertura de xuízo oral. Ao longo da investigación, iniciada tras unha denuncia da organización ecoloxista polas verteduras da mina ao río Barral, tributario indirecto do río Ulla,acumuláronse as probas contra a mineira de Touro, incluíndo numerosos informes e atestados da policía xudicial e dicatames periciais. Isto levou á Fiscalía a concluír que os acusados non tomaron ningunha medida correctora que evitara os lixiviados de extrema acidez e altos contidos en metais pesados.
Desde Ecoloxistas en Acción, personada na causa penal como acusación popular ambiental, denuncian que a contaminación desde a mina de Touro é continua, sen que as numerosas sancións impostas desde Augas de Galicia, sempre de cuantías mínimas, tiveran efecto algún. “A solicitude de penas de cárcere por parte da Fiscalía evidencia a gravidade e intencionalidade da contaminación causada pola mineria e dá unha idea da catástrofe ambiental que suporía confiar a unha empresa con estes antecedentes un novo proxecto de magnitudes xigantescas”, afirma Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción.
Pola súa parte, a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non solicitará á Xunta que retire a condición de “proxecto industrial estratéxico” á mina de Touro, distinción concedida a comezos do ano pasado que permite unha tramitación acelerada, e que arquive o procedemento de aprobación do novo proxecto, ao constatarse a incapacidade técnica e neglixencia da empresa promotora. De feito, Ecoloxistas en Acción xa recorreu ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza esta decisión de proxecto estratéxico da Xunta.
“Non é posible confiar o futuro de todo o sistema fluvial do Ulla, da ría de Arousa, do Camiño de Santiago e dunha comarca recoñecida internacionalmente polos seus produtos agrogandeiros de alta calidade nunha empresa á que está a piques de abrírselle xuízo por delitos ambientais e en directivos para os que a Fiscalía pide penas de cárcere”, advirte Isabel García, voceira da plataforma veciñal Mina Touro-O Pino Non.
Ecoloxistas en Acción e a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non esperamos que “a Xunta rectifique e atenda aos milleiros de alegacións e informes técnicos presentados en xaneiro deste ano e que mostran que a reapertura da mina sería un desastre ecolóxico”.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- Feijóo españoliza la campaña electoral del 18 F gestionando un Grupo Político carcomido por sus vínculos al narcotráfico y la corrupción.
- Exclusiva, relato y documentos de la mayor trama de estafa de mascarillas montada por Feijóo y María del Mar con un condenado por corrupción....
- María del Sánchez Sierra: Acoso y abuso de poder desde las sombras de Feijóo y propias del fascismo más criminal.