Información
BNG:

A candidata do BNG, Ana Pontón reclama medidas que saquen da crise ao sector lácteo

Información
Elecciones municipales de Galicia 09 Agosto 2016 2123 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Visita á cooperativa de alimentación animal en ValdoviñoA nacionalista visitou unha cooperativa de alimentación animal en Valdoviño (Ferrol), onde manifestou que a crise do sector lácteo ten “responsabilidades política” e denunciou o incumprimento das promesas do goberno central e galego nun “fallido acordo do sector lácteo” que non deu solución aos problemas dos gandeiros e gandeiras

Visita á cooperativa de alimentación animal en Valdoviño

 A candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón visitou hoxe a cooperativa da fábrica Coprago en Meirás (Valdoviño) acompañada polo alcalde de San Sadurniño e cargos institucionais da comarca na que mantivo un encontro cos traballadores da fábrica de alimentación animal.

Ante os medios de comunicación, a candidata nacionalista manifestou que a grave crise que padece o sector lácteo “ten responsabilidades políticas” e cualificou de “engano” o acordo do goberno do Estado e galego para o sector asinado hai máis dun ano. Neste sentido, lembrou que os labregos e labregas seguen tendo os prezos máis baixos do leite e persiste a súa “indefensión” ante as empresas.

É urxente, dixo, unha solución para o sector lácteo baixo a protagonismo do goberno galego e a esixencia dun marco de dialogo como xa aconteceu no seu momento coa mesa do leite co fin de garantir prezos xustos así como establecer liñas para dimensionar o sector. Pontón insistiu que Galiza necesita un “plan estratéxico” que apoie a creación dun grupo lácteo galego, a transformación do produto e sacar o máximo rendemento ao grande potencial galego no sector para non acabar sendo “meros produtores de leite a prezo low cost”.

Ana Pontón cos traballadores da cooperativa Coprago

Ana Pontón cos traballadores da cooperativa Coprago

A candidata anunciou que a aposta do BNG pasa pola innovación e transformación do sector lácteo no noso país.

O BNG presentase ás eleccións cun proxecto sólido

A preguntas dos xornalistas sobre ás eleccións galegos, a candidata afirmou que o BNG está centrado en escoitar e atender as demandas da cidadanía e ofrecer “un proxecto sólido”. Para nós, xa non son tempos de mirarse para o embigo nin perder o tempo con guerras internas. Eu son candidata á presidencia da Xunta para transmitirlle á xente cales son as nosas propostas e alternativas e por iso nos presentamos e aspiramos a darlle esa alternativa a todos os galegos e galegas. Nós, recalcou a candidata do BNG, imos a por todas e facémolo cun “proxecto alternativo de país e con candidaturas excelentes nas que a xente pode confiar porque temos solvencia, capacidade, proxecto e experiencia de goberno”.

26 Abr 2019 08:32

Mañá sábado día 27 de abril de 2019 a...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia

Sánchez Bugallo asume o compromiso de impulsar un plan integral para Conxo orientado a integrar o barrio en Santiago

24-04-2019 Votos:125 Elecciones municipales de Galicia Redacción Xornal Galicia

O candidato á alcaldía de Santiago, xunto aos membros da...

Respecto do debate de a catro na TV estatal - (Confirmación da traizón de Podemos a Galicia, e a ratificación do noso ap…

23-04-2019 Votos:121 Elecciones municipales de Galicia Redacción Xornal Galicia

Onte no debate a catro de televisión española Galicia estivo...

Ana Pontón e Carme da Silva como estamos en campaña electoral baixan a pé de praia para visibilizar o traballo das maris…

23-04-2019 Votos:110 Elecciones municipales de Galicia Redacción Xornal Galicia

Poñerse na pel das miles de mulleres que traballan nas...

ELECCIONES MUNICIPALES FERROL - PROPUESTAS

20-04-2019 Votos:234 Elecciones municipales de Galicia Redacción Xornal Galicia

Na liña de facer un gran Ferrol que queremos implantar...

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)