Información
Agenda de Galicia

Solla participa mañá sábado 6 de abril na XII Festa Republicana que se celebra en Cambre

Información
Localidades de Galicia 05 Abril 2019 336 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Esquerda Unida Cambre organiza mañá sábado 6 de abril a XII Festa Republicana, un xantar popular, enmarcado nos actos de Aniversario da Segunda República. Este acto contará coa participación da coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla.

 

Neste xantar popular asistirán tamén a concelleira de Esquerda Unida en Cambre e voceira da Asamblea Cidadá, Olga Santos, a coordinadora local de Esquerda Unida na Coruña e candidata ao senado por En Común Unidas Podemos, Carmen Armada e a coordinadora local de Esquerda Unida en Cambre e candidata ao Congreso por En Común Unidas Podemos, Loreto Taibo. O acto terá lugar o mañá sábado a partir das 13:30 horas no local do Sporting Cambre (Lugar de Quintán).

Esquerda Unida de Cambre organiza a XII Festa Republicana

Hora: 13.30 horas.

Data: Sábado, 6 de abril.

Lugar: Local do Sporting Cambre (Lugar de Quintán).

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+