Información
Agenda de Galicia

Máis dun centenar de rapaces serán protagonistas do IV Campus Álex Llorca

Información
Localidades de Galicia 25 Marzo 2019 348 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o Xefe Provincial de Deportes, Manuel Otero Méndez, o xogador de Álex Llorca, e o Director Deportivo da AX Sagrado Corazón, Rubén Engroba, presentaron este luns no Pazo de San Marcos, a cuarta edición do Campus Álex Llorca, que se celebrará na capital luguesa do 8 ao 14  de xullo. O campus está organizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón (AXSC) e celebrarase no Pazo dos Deportes de Lugo e nos pavillóns anexos. Ata a data, xa hai máis de 50 inscritos procedentes de todas as provincias de Galicia, así como de Castela e León, Madrid e Barcelona.

 

Rivera Capón, agradeceu a Álex Llorca pola súa aposta decidida polo baloncesto e  sinalou que “contribuímos a facer posible este campus que ten a capacidade de difundir valores, é un encontro deportivo moi proveitoso para os nenos xa que combina múltiples actividades”.

Fernández Méndez destacou a tradición do deporte de baloncesto na cidade de Lugo e afirmou que “dende o Concello apostamos por programacións relacionadas co deporte e a actividade física. Durante unha semana damos a posibilidade de transmitir valores aos participantes deste campus”.

Pola súa parte, Álex Llorca agradeceu a colaboración de Deputación e Concello  e apuntou que “os nenos interesados en participar poden apuntarse a través da web do campus na que existen tres rexistros de inscrición”.

Inscricións e prazas dispoñibles
O campus está dirixido aos rapaces nacidos entre o ano 2001 e 2011, terán a posibilidade de inscribirse baixo tres modalidades: réxime externo, semiexterno ou interno. O campus conta con oito pistas cubertas de parqué flotante para nenos e nenas. Como Residencia para internos e lugar para comidas e ceas empregaranse as instalacións do CE Santa María. Así mesmo, o Concello de Lugo pon a disposición dos participantes as piscinas municipais para os momentos de lecer. O director técnico é Mateo Rubio, primeiro adestrador do equipo júnior do Fútbol Club Barcelona. Toda a información irase publicando nas redes sociais do campus e na web do mesmo www.campusalexllorca.com, onde ademais poderán inscribirse xa e sumarse aos preto de medio centenar de prescritos que xa se apuntaron. En total hai preto de 120 prazas dispoñibles.

Programación diaria

09:30 - Almorzo
10:30 - Adestramento técnico
11:45 - Descanso
12:15 - Adestramento táctico, toma de decisións
14:00 - Comida
16:00 - Adestramento Táctico aplicado a situación de xogo
17:30 - Merenda
18:00 - Competicións
20:30 - Cea
22:00 - Tecnificación/vídeo/charlas formativas/actividade tempo libre
23:30 - Descanso

Otros articulos relacionados.....
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:55

O pavillón municipal de Luintra acollerá o vindeiro sábado,...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:52

Tras a experiencia positiva do ano pasado, este ano volve celebrarse...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)