Información
Agenda de Galicia

A Real Academia Galega homenaxea este xoves a Salvador García–Bodaño co gallo do Día da Poesía

Información
Localidades de Galicia 19 Marzo 2019 232 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este xoves, 21 de marzo, a Real Academia Galega. A institución dedicaralle ao escritor e académico o Día Mundial da Poesía cun recital público no que voces das letras galegas de distintas xeracións lerán e comentarán poemas do autor, un dos grandes nomes da xeración dos 50. A parte musical correrá a cargo de Miro Casabella, que converteu versos do homenaxeado en cancións. O académico de honra Arcadio López-Casanova, compañeiro naqueles anos, asina a loanza da homenaxe.

 

A celebración terá lugar a partir das 19:30 horas do xoves 21 de marzo no salón de actos da RAG (rúa Tabernas, 11 – A Coruña), institución á que Salvador García-Bodaño pertence como membro de número desde 1992. Recitarán os seus versos Dorés Tembrás, Xulio López Valcárcel, Alba Cid, Baldo Ramos e os membros da Academia Luz Pozo Garza, Margarita Ledo Andión, Xosé Luís Franco Grande, Darío Xohán Cabana, Helena Villar Janeiro e Marilar Aleixandre. Andrea Porto conducirá o acto, que abrirá o presidente Víctor F. Freixanes e pechará o académico Xesús Alonso.

Salvador García-Bodaño deuse a coñecer como membro da xeración das Festas Minervais, certame recuperado no Santiago dos anos 50 no que foi galardoado en distintas ocasións, e confirmouse como un dos poetas máis valiosos dela coa publicación do seu primeiro libro, Ao pé de cada hora (Galaxia, 1967). Neste volume, singular no seu momento, conflúen xa o galeguismo e o existencialismo, dúas correntes fundamentais na súa formación intelectual que marcarán a súa traxectoria; e rexen tamén dous dos seus eixes: o amor á terra, á Galicia que dá nome ao poema que abre o libro, e retratada tamén a través de versos de homenaxe aos distintos escritores; e o amor feminino, expresado dun xeito moi persoal. O intimismo marca tanto a súa poesía do amor como a poesía civil, en contraste coa poesía social predominante nos seus anos de mocidade.

En 1978 saíu do prelo o seu seguinte título, Tempo en Compostela, merecedor do Premio da Crítica de Poesía Galega. Nestas páxinas a protagonista é o seu terceiro obxecto de atención poética, o seu espazo vital por excelencia: a cidade de Santiago. A urbe é aquí retratada cun alento entre lírico e épico absolutamente novidosos na literatura dedicada á localidade, advertía Carlos Casares na resposta que lle deu a Salvador García-Bodaño no discurso de ingreso na Real Academia Galega (1992), Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá, outra homenaxe á cidade que fixo súa.

Santiago de Compostela é tamén o escenario da súa principal incursión na narrativa, Os misterios de Monsieur D’Allier (Galaxia, 1992) Premio da Crítica Española de narración en lingua galega en 1993. Ese mesmo ano, a súa poesía publicada ata o momento aparece recompilada en Obra poética (Espiral Maior) e un ano despois sae do prelo a plaquette Pegadas no alcatrán (Café Central), un retrato crítico da decadencia da vida nas cidades que avanzaba a modernidade poética acadada en Cidade virtual (Biblos, 2003).

Xunto a outros títulos individuais, a obra do autor complétase con numerosas contribucións a volumes colectivos e unha intensa produción como articulista na prensa, que continúa na actualidade cunha columna dominical en El Correo Gallego. Cómpre sinalar ademais o seu labor como tradutor, vertendo ao galego títulos como Viaxe por Galicia (Xerais, 1993), centrado nas páxinas dedicadas a Galicia polo escritor  George Borrow no seu The Bible in Spain (1843).

O académico desenvolveu tamén desde moi novo un intenso activismo cultural. Foi membro fundador da Asociación Cultural O Galo, do Instituto Galego da Información, do PEN Club de Galicia e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, entre outras entidades.

Otros articulos relacionados.....
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)