Información
Agenda de Galicia

Ourense postúlase como candidata a albergar en 2023 o Congreso Internacional de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

Información
Localidades de Galicia 11 Marzo 2019 266 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Anunciouno esta tarde o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no acto inaugural da XXXII Asemblea da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño, que reúne estes días na capital ourensá a máis de 200 representantes destas entidades culturais.

  •  
  • Baltar dixo que o goberno provincial "está sempre ao carón da cultura e de todo o que significa poñer en valor a nosa historia", e destacou que a provincia de Ourense "estase preparando con firmeza e singularidade para dous acontecementos que unen vangarda e historia, como son a chegada da alta velocidade e o Xacobeo 2021".
  •  
  • Na xornada de apertura da asemblea, que contou coa participación do presidente da federación, Luis Gutiérrez, e do presidente da asociación en Ourense, José Luis Rodríguez Cid, o presidente do goberno provincial destacou a presenza no acto de Eligio Rivas, medalla de ouro da provincia, a quen cualificou de "faro e referente da nosa etnografía".
Otros articulos relacionados.....