Información
Agenda de Galicia

I Raid da Fonsagrada, reunirá a máis de 170 participantes

Información
Localidades de Galicia 06 Marzo 2019 429 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Deputación e Concello patrocinan o I Raid da Fonsagrada, que reunirá a máis de 170 participantes
A cita, que se celebrará este sábado 9, é a primeira proba da Liga Galega de Orientación e contará con 53 equipos divididos en tres modalidades: Élite, Aventura e Orienta-raid

Os participantes competirán unindo a orientación, o trekking, o ciclismo de montaña, e o kaiak, ademais dunha proba especial de tiro con arco

O Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, presentou este mércores o I Raid Fonsagrada, unha proba oficial organizada pola Federación Galega de Orientación que terá lugar este sábado día 9 de marzo no municipio da Montaña Lucense. Fíxoo acompañado por Francisco Varela Lorenzo, do Club Fluvial, o Técnico da Área de Deportes da Fonsagrada, Enrique Fernández Carrín, así como o Xefe do Servizo de Deportes da Xunta, Manuel Otero Cadramón.
 
Trátase da primeira proba da Liga Galega de Orientación e constitúe o campionato galego do 2019, na que participarán 53 equipos divididos en tres modalidades: Élite: na que os 3 corredores de cada equipo deben manterse sempre xuntos; Aventura: onde os participantes vanse rotando, 2 dos corredores están xuntos mentres que o terceiro serve de apoio e Orienta-Raid: modalidade de aprendizaxe na que os equipos están conformados por entre 2 e 5 corredores.

Fernández Queipo explicou que “na Fonsagrada temos un gran patrimonio natural para converter o concello nun foco de interese turístico e deportivo, e queremos dalo a coñecer con iniciativas como este Raid, que reunirá a máis de 170 participantes, un torneo principalmente de orientación pero no que os deportistas unirán trekking, MTB e kayak; ademais dunha proba especial de tiro con arco”.

A cita contará cun gran nivel de competición, pois os participantes compiten non só nas probas da Federación Galega de Orientación, se non que tamén o fan en probas de carácter nacional e incluso internacional.

Otros articulos relacionados.....