Información
Agenda de Galicia

Os lanzamentos galegos sacan músculo en Pontevedra.

Información
Localidades de Galicia 19 Febrero 2019 358 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

nicolasDestacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20 o presenciado esta fin de
semana nas pistas do CGTD de Pontevedra ca presenza de casi un cento de lanzadores.


A nivel xeral, efectuaríanse rexistros moi destacados que poñen en valor o nivel deste importante
sector estratéxico para o noso deporte. Ademáis a notoria progresión dos “xóvenes valores” garanten no
futuro a continuidade do peso a nivel nacional, e mesmo internacional, dos lanzamentos galegos que
historicamente teñen mantido.
En canto a nivel de actuacións, destacaremos o concurso do atleta Sub20 do Real Club Celta Nicolás
García quen no lanzamento de disco alcanzaría os 57.52 m. o que representa un novo récord de Galicia
da súa categoría. Este rexistro supón unha mellora de máis de tres metros con relación ó anterior tope
autonómico que posuía Martín Liste dende o ano 2015, representando da mesma maneira, a mínima de
participación para o Campionato de Europa Sub20.
Outras das novas importantes que nos deixaría a cita autonómica, sería a consecución de varios rexistros
que pasan a liderar o ranking nacional e que irían a cargo de Ivanna Carolina Román do Ria Ferrol en
xavelina Sub20 con 43.82 m.; Irene Gómez do A.F. Celta en martelo Sub20 con 60.60 m. e a de Nicolás
Ortega do Coruña Comarca quen faría o propio co lanzamento de disco Sub16 con 49.88 m..
Area de Comunicación FGA. ComunicacióEsta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Claudio Hornillos 619847195
En canto ó resto de resultados, salientar os 45.25 m. de Aarón Otero en martelo Sub16; Laura Rico en
xavelina Sub16 con 31.97 m. Daniel Mato en xavelina Sub18 con 47.71; Eric Méndez con 55.84 m.
e David García con 54.27 m. en martelo Sub18; Nicolás García en disco Sub16 con 57.52 m.; Yago
Araujo en martelo Sub16 con 61.68 m. e Jonatas Pereira en xavelina Sub16 con 56.03 n.
Por último, apuntar a interesante disputa mantida no concurso de disco Sub18 entre Paula Piñón do A.F.
Celta e de Antía Sestelo do Ria Ferrol con triunfo final para a lanzadora celeste con 34.97 m. polos 34.35
m. da ferrolá

Otros articulos relacionados.....