Información
Agenda de Galicia

IV Encontro de ContraMINAcción convocará na Galiza movementos contra a minaría destrutiva de toda a Península Ibérica

Información
Localidades de Galicia 05 Febrero 2019 519 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Celebrarase os días 16 e 17 de febreiro en Santiago de Compostela e participarán 14 asociacións e plataformas de España e Portugal que traballan contra os impactos sociais, económicos e ambientais da actividade mineira

A Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción http://xornalgalicia.com/#sdfootnote1sym  está a organizar o seu IV Encontro, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 16 e 17 de febreiro. Nesta cuarta edición, baixo o título “Impactos da minaría na Península Ibérica”, o evento transcende as fronteiras de Galiza ao invitar 14 organizacións e plataformas que se opoñen á actividade mineira en España e Portugal polas consecuencias negativas que esta ten no seu entorno http://xornalgalicia.com/#sdfootnote2sym 

O IV Encontro de ContraMINAcción deseñou un programa de actividades abertas de acceso libre para toda persoa que queira participar. Así, durante a mañá do sábado 16 de febreiro, desenvolveranse tres mesas redondas no Museo do Pobo Galego: “Un regueiro de desastres contaminantes”, “Novo boom: a febre polo ouro e outras febres” e “Daquela que? Hai alternativas”. O domingo 17 de febreiro, asistiremos á estrea do documental “San Finx: a catástrofe de 1960”, dirixido por Irene Pin Basanta, que se proxectará na Casa do Matadoiro (praza do Matadoiro) a partir das 10:00 horas, tamén en Compostela.

Tecendo redes a nivel internacional contra a minaría

Un dos obxectivos principais deste evento será visibilizar as dimensións do boom mineiro na Península Ibérica e continuar a tecer redes entre os colectivos que se enfrontan á minaría insostible, destrutiva e produtora de refugallos dentro e fóra de Galiza. A causa do esgotamento progresivo dos recursos minerais do planeta e do crecemento exponencial do seu consumo, as prácticas mineiras están a ser cada vez máis agresivas co medio ambiente e os hábitats e sociedades afectadas. Isto está a implicar un aumento da sinistralidade, como demostran numerosos accidentes acontecidos nas últimas semanas como a rotura da balsa de lodos en Brumadinho, no Brasil; ou, en España, o derrubamento acontecido na mina Cobre Las Cruces, en Sevilla, que obrigou ao seu peche; ou o desbordamento das balsas residuais de Touro; feitos todos que se analizarán no encontro xunto coas invitadas e invitados. Trátase dunha problemática global que se está a agudizar cada vez máis e que, co ánimo de enfrontala con máis forza, xa propiciou, en anteriores encontros, a alianza dos colectivos que formamos parte de ContraMINAcción na Galiza con organizacións internacionais como Yes to Life No to Mining (YLNM). Agora, a través do IV Encontro agardamos poder reforzar esa rede a nivel peninsular.

Otros articulos relacionados.....
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)