Información
Agenda de Galicia

600 atletas participarán este sábado no XVI Memorial Eduardo Fernández Villamarín

Información
Localidades de Galicia 24 Enero 2019 426 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A carreira popular celebrarase este sábado 26 de xaneiro partindo desde a Praza de España do concello rabadense, co apoio do Goberno da Deputación

Rivera Capón destacou: “as carreiras populares son un xeito ideal para difundir o espírito e os valores deportivos entre os máis pequenos”



 Eduardo Fernández Villamarín foi un dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense e gran impulsor do deporte, o seu nome tamén acompaña ao polideportivo da vila

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Rábade, Francisco José Fernández Montes, e o Tenente de Alcalde, Alejandro Martínez Campos, presentaron este mércores no salón de plenos do concello rabadense o XVI Memorial Eduardo Fernández Villamarín de atletismo, que terá lugar este sábado 26 de xaneiro co apoio do Goberno da Deputación, que colabora na difusión do evento.

Trátase nunha proba xa consolidada no calendario da provincia, por iso, a falta de tres días para a cita, preto de 600 persoas están xa apuntadas para participar, nesta proba que conta con 5 categorías diferentes. As inscricións, totalmente de balde, continúan abertas ata mañá na web: https://championchipnorte.com/evento/inscribirme/id/1684

Toda a actividade vertébrarase ao redor da Praza de España, onde a partir das 15:30 horas poderán recollerse os dorsais; ás 16:30 dará comezo a carreira dos máis pequenos e ás 17:30 sairán os corredores da categoría absoluta. Todas rematarán, igualmente, na mesma localización.

Rivera Capón sinalou que “chama a atención que a segunda categoría con máis inscritos sexa a A, na que nenos e nenas de entre 5 e 8 anos percorrerán 600 metros, isto demostra que as carreiras populares son un xeito ideal para difundir o espírito e os valores deportivos entre os máis pequenos”.

Eduardo Fernández Villamarín, Negrín, foi un dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense e gran impulsor do deporte na vila e na provincia, e cuxo nome tamén acompaña ao polideportivo municipal.

Categorías
A proba divide aos participantes en 5 categorías, dependendo da súa idade e adaptando os percorridos entre os 80 e os 7.000 metros. Os tres primeiros clasificados de cada categoría terán premio e ademais, haberá un trofeo, denominado tamén Eduardo Fernández Villamarín, que se entregará ao equipo que conte con máis participantes que rematen a carreira.

-    Categoría Mini: nados en 2015 e posteriores. 80 metros
-    Categoría A: nados entre 2011 e 2014. 600 metros
-    Categoría B: nados entre 2007 e 2010. 1.200 metros
-    Categoría C: nados entre 2003 e 2006. 1.800 metros
-    Categoría Absoluta: nados en 2002 e anteriores. 7.000 metros

Otros articulos relacionados.....
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)