Información
Agenda de Galicia

32 espectáculos e máis de 300 profesionais inscríbense nos XXIII Premios de Teatro María Casares

Información
Localidades de Galicia 22 Enero 2019 336 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Un total de 32 espectáculos e máis de 300 profesionais concorren aos XXIII Premios María Casares, galardóns de teatro organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dende a súa creación en 1997. O proceso de inscrición, realizado integramente a través da web da AAAG, finalizou o pasado 7 de xaneiro As candidaturas divídense en catorce categorías: maquillaxe, vestiario, iluminación, escenografía, música orixinal, texto orixinal, adaptación-tradución, actor secundario, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil. 


Tras esta primeira fase de inscrición, a AAAG inicia a primeira rolda de votacións, aberta xa a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas. Dese xeito, ademais do colectivo de membros da AAAG, poderán votar responsables da xestión e programación cultural, xornalistas, críticos e finalistas en edicións anteriores.

Esta primeira rolda de votacións rematará o luns 11 de febreiro. Das súas votacións, sairán os espectáculos e profesionais finalistas en cada unha das catorce categorías, que se darán a coñecer a mediados de febreiro na xa tradicional Festa de Finalistas dos María Casares. 

OS PREMIOS

Os Premios María Casares son os galardóns de carácter anual que distinguen as producións teatrais de intérprete en galego  estreadas durante o ano anterior á súa concesión e a calquera profesional que nelas participan. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) promove estes galardóns que, dende o ano 1997, buscan recoñecer o traballo realizado polos diferentes oficios do sector na súa totalidade, dende a maquillaxes até vestiario, pasando por iluminación, música, dramaturxia, tradución, escenógrafía, dirección e o corpo interpretativo.

Deste xeito, os María Casares convértense dende a súa creación no gran escaparate do teatro feito en Galicia e visibiliza o labor desenvolvido por todos os seus traballadores.

Con eses obxectivos, os galardóns constan de catorce categorías diferentes que representan todas as facetas da produción escénica. Ademais, a AAAG entrega cada ano o Premio de Honra Marisa Soto, co que o sector agradece e recoñece a traxectoria de colectivos e persoas relevantes no desenvolvemento do sector teatral. A gala deste 2019 celebrarase o xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Espectáculos inscritos nos XXIII Premios de Teatro María Casares

Espectáculo

Compañía

#caminños

ButacaZero

A gata con Zocos

A Cova das Letras

A leituga

Eme2 Producións

A nena e o grilo máis aló

Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos

Aladino e a lámpada marabillosa

Teatro Avento Producións

Anatomía dunha serea

Iria Pinheiro

Arnoia, Arnoia. O Circo da Casa pequena

Pistacatro Produtora de Soños

Casa O’Rei

Ibuprofeno Teatro

Casquería

Xerpo Cultural

Celebración, a gran noite

Sarabela Teatro

Cinco minutos sen respirar

Ítaca Teatro

Cinco mulleres que comen tortilla

Señora Supina

Commedia

Contraproducións

Contos do recreo

Redrum Teatro

Da avaricia, a luxuria e a morte

Teatro do Noroeste

Divinas palabras revolution

Centro Dramático Galego

Dúas donas que bailan

Teatro do Atlántico

Estás aí?

Redrum Teatro

Garage

Voadora

Invisibles

Redrum Teatro

Loló e Mamá

De Ste Xeito

Nimiedades

Helen Bertels

Nómades

Xarope Tulú

O Paroleiro

Os contos do Pablísimo

O servidor de dous amos

Talía Teatro

Orquestra Malabares

Pistacatro Produtora de Soños

Os fabulosos Cleaners 2018

Malasombra Producións

PATAPATÚM

Elefante Elegante

Puño Puñete

Baobab Teatro

Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos

Matrioshka Teatro

Sofía e as Postsocráticas

Inversa Teatro

Somos Criminais

Undodez

Otros articulos relacionados.....
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)