Información
Agenda de Galicia

NIGRÁN RECIBIRÁ AOS REIS MAGOS DE ORIENTE NO PAVILLÓN MUNICIPAL TRAS DESFILAR POR NIGRÁN, A RAMALLOSA E PANXÓN

Información
Localidades de Galicia 03 Enero 2019 472 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

As súas Maxestades sairán do concello ás 16,30 horas, da rúa Romana Altas ás 17.00 horas e das pistas de tenis ás 18.00, tendo prevista a chegada ao pavillón municipal ás 19.00 horas

 

Nigrán, 03/01/19.- Os Reis Magos de Oriente serán recibidos o sábado no Pavillón Municipal de Panxón ás 19.00 horas despois de desfilar por Nigrán, A Ramallosa e Panxón. As súas maxestades sairán do Concello de Nigrán ás 16,30 percorrendo as rúa Rosalía de Castro e Manuel Lemos chegando á Ramallosa ás 17.00 horas para percorrer as rúas Romana Alta, Damas Apostólicas, Romana Baixa, Camiño da Cabreira e Manueol Lemos Cabreira e Manuel Lemos e concluír no Centro da Terceira Idade na Alameda de San Campio.

Posteriormente, desfilarán ás 18.00 horas dende as pistas de tenis de Panxón para chegar ao Pavillón Municipal sobre as 19.00 horas, onde se realizará a recepción real que outorga aos nenos a oportunidade de falar directamente con Melchor, Gaspar e Baltasar para trasmitirlles os seus desexos.

No seu desfile polas rúas do municipio, as súas Maxestades serán acompañados nos diferentes tramos polo Grupo de Animar-T e pola rondalla de Parada que chegará coa comitiva Real ás 18.00 horas ao Campo de Redes de Panxón onde se unirán 120 nenos e nenas do Club Baloncesto Nigrán e do Fútbol Sala Panxón–Nigrán que desfilarán ata o pavillón acompañando aos Reis e serán recibidos por unha tirada de fogos de luces. As portas do pavillón serán abertas ás 18.30 horas para aqueles que asistan á recepción real e todo o evento estará dirixido por Volvoreta e Voltereta.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+