Información
Agenda de Galicia

PRESENTACIÓN DE CARTAZ DA XVII NOITE DA LÚA MEIGA

Información
Localidades de Galicia 20 Agosto 2018 2604 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

17 ANOS DE CAMIÑO NA CULTURA MUSICAL TRADICIONAL

(O VISO – REDONDELA. 25 DE AGOSTO DE 2018)

Un ano máis o Colectivo Lúa Meiga, xunto á Sociedade Cultural do Viso, organiza o festival Noite da Lúa Meiga, que celebra o seu 17º aniversario. Este ano a cita terá lugar o sábado 25 de agosto.

 

Localización

Un ano máis o festival levarase a cabo no Miradoiro do Monte Outeiro Grande, enclave único na bisbarra dende onde se divisa toda a Enseada de San Simón e a Ría de Vigo, vistas indescritibles. O festival Noite da Lúa Meiga une así a mellor música tradicional co mellor enclave natural e paisaxístico.

O programa

O sábado 25 prográmase unha xornada de actividade continuada para todo tipo de públicos e idades.

Ás 10:00h da mañá realizarase a concentración de chimpíns decorados no Torreiro da Gándara xunto ao campo de fútbol e así proceder de seguido co Roteiro Musical e de Meighachimpíns ata o Miradoiro do monte Outeiro.

Ao chegar, e como novidade este ano, teremos xa concerto na “sesión vermú” onde nos acompañará o grupo TR3S POR C4ATRO. A continuación haberá xantar popular onde teremos postos de polbeira e petiscos varios.

A partir das 17h poderase participar de diversos xogos tradicionais, e da programación enfocada aos máis cativos. Empezaremos co espectáculo “Bulebule” do gran PACO NOGUEIRAS e seguiremos con DUENDE CIRCO que nos ofrecerá humor, malabares e maxia..

E de seguido, darémoslle paso xa a gran noite. Comezaremos a iso 20h con CÉ ORQUESTRA PANTASMA e cos concertos de RADIO COS e TIRULEQUE

Coma sempre, a organización presenta un programa 100% galego e en galego, reivindicando a nosa cultura, a nosa música e o noso idioma. Un programa para todos os públicos, sobre todo para todas e todos aqueles que valoran a música galega máis tradicional e achegada ao pobo.

Colaboracións e patrocíneo

A Noite da Lúa Meiga non quere deixar pasar a oportunidade para dar as grazas a todos os negocios locais da comarca que patrocinan o festival e a tod@s @s colaboradores e veciñ@s que coas súas achegas fan posible levar a cabo un ano máis este festival. Tamén á Comunidade de Montes do Viso, ao Concello de Redondela e á Deputación de Pontevedra.

Toda a información relativa ao programa poderase consultar na web www.noitedaluameiga.org

Otros articulos relacionados.....