Información
Agenda de Galicia

A Real Academia Galega celebra o Día das Letras Galegas dedicado a María Victoria Moreno cunha sesión pública extraordinaria no Teatro Principal de Pontevedra

Información
Localidades de Galicia 01 Mayo 2018 1792 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • Primavera das Letras 2018 imaxeNo acto intervirán as académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey, e o académico Xesús Alonso Montero con cadansúa alocución sobre distintos aspectos da vida e da obra da escritora homenaxeada. O presidente Víctor F. Freixanes pechará a sesión

     

  • O pleno extraordinario, que comezará ás 12:30 horas, é unha celebración aberta a todo o público ata completar capacidade. Terá lugar na cidade que na María Victoria Moreno se estableceu ao chegar a Galicia en 1963 e onde viviu ata o seu pasamento en 2005

  • Pontevedra foi xa o lugar elixido pola RAG o pasado mes de febreiro para abrir o Ano María Victoria Moreno coa presentación do proxecto web Primavera das Letras, que fornece de recursos lúdicos e didácticos arredor do universo vital e literario da autora para o público infantil

A Coruña, 1 de maio de 2018.- A Real Academia Galega celebrará o 17 de maio cunha sesión plenaria extraordinaria e pública que terá lugar a partir das 12:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra, onde a figura homenaxeada neste 2018 pola Real Academia Galega, María Victoria Moreno, se estableceu en 1963 ao chegar a Galicia. A escritora, profesora, editora e activista da lingua e a cultura de noso viviu o resto da súa vida nesta cidade, epicentro dos actos centrais organizados co gallo do Día das Letras Galegas do que é protagonista. A Academia celebrará o seu pleno extraordinario no Teatro Principal cedéndolles a palabra a tres membros de número da institución moi vinculados a ela por distintas razóns: Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey e Xesús Alonso Montero ofrecerán tres olladas persoais á vida e á obra da autora neste acto, aberto ao público ata completar capacidade. A sesión concluirá coa intervención do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.

María Victoria Moreno naceu circunstancialmente en Estremadura en 1939, medrou en terras de Castela, estudou sendo adolescente en Barcelona, fíxose filóloga en Madrid e escolleu ser galega e empregar a súa lingua en todos os contextos pouco tempo despois de establecerse na nosa terra, a onde chegou para exercer a docencia. Entre 1965 e 1967, deu clases no Instituto Masculino de Lugo, unha etapa decisiva no espertar do seu activismo a prol da lingua galega en plena ditadura. Neste centro coñeceu o profesor Xesús Alonso Montero, de quen herdou, segundo ela mesma dixo, a súa actitude ante a lingua galega e a ética e o compromiso cos seus falantes. Entre os dous axiña medrou unha fonda amizade, que queda patente no primeiro libro que publicou a escritora, Mar adiante (1973). O académico prologouno e parte do alumnado do barco escola Arroás que protagoniza esta historia levou o nome dos fillos deste, un xesto de cariño que repetiría en moitos títulos coa rapazada e a xente adulta que quería.

Mar adiante foi un título pioneiro na literatura infantil galega co que Maria Victoria asinou para sempre o compromiso coa lingua galega e co público máis novo: a lingua para ela na creación literaria, e na vida, sería en diante sempre o galego e a gran maioría das obras que escribiría dedicaríaas á xente miúda e adolescente, se ben tamén escribiu poesía e relatos para o público adulto, ensaio e crítica literaria. Este conto de contos foi ademais un canto á renovación pedagóxica dunha profesora vocacional capaz de espertar vocacións literarias e conciencia lingüística nas aulas, porque aínda que era docente de Lingua e literatura castelá xa lles facía oco naqueles anos, nas clases dos venres, aos grandes nomes das letras galegas e á práctica da escrita en galego.

A literatura infantil e xuvenil (LIX) é tamén o terreo no que adoitan expresarse literariamente as académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey, que serán as encargadas de abriren o acto da Academia do 17 de maio. Fina Casalderrey, que comparte tamén con María Victoria Moreno a condición de pontevedresa, foi ademais alumna dela nos cursos de literatura galegas que impartiu como mestra de mestres nos primeiros anos 80. Ambas as académicas son ademais persoas moi vinculadas á xente nova desde o ámbito laboral: Marilar Aleixandre é catedrática ad honorem de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela e Fina Casalderrey foi mestra.

Da Primavera das Letras ao Simposio María Victoria Moreno

A RAG xa escolleu o pasado mes de febreiro Pontevedra para abrir a súa programación do Ano María Victoria Moreno. Da man da comunidade educativa do CEP Marcos da Portela, a institución presentou a nova edición do proxecto web Primavera das Letras (primaveradasletras.gal), que fornece de recursos lúdicos e didácticos arredor do universo vital e literario da protagonista deste 17 de maio destinados os cativos e cativas de infantil e primaria. Neste espazo xa están dispoñibles a maioría das 14 actividades interactivas previstas e seis fichas descargables que permiten profundar, da man de María Victoria Moreno, en competencias e contidos transversais do currículo escolar.

O Portal das Palabrashttps://portaldaspalabras.gal/(portaldaspalabras.gal), o espazo para a divulgación do léxico da nosa lingua que a RAG ofrece coa colaboración da Fundación Barrié, tamén lle dedicará contidos a María Victoria Moreno ao longo deste ano. Mañá mesmo, 2 de maio, publicarase nesta web un percorrido polos aspectos máis salientables da vida e da obra da homenaxeada a través de sete palabras.

Xa no mes de novembro, os días 27 e 28, a Real Academia Galega celebrará na súa sede da Coruña o Simposio María Victoria Moreno, dúas xornadas nas que se afondará, a través das disertacións de diversos especialistas, na personalidade e no legado da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas. O simposio, aínda que destinado principalmente ao profesorado de lingua galega e literatura dos distintos ciclos e niveis, está aberto ao público en xeral.

Convite do pleno do Día das Letras Galegas 2018:

https://academia.gal/documents/10157/1036956/Convite_DLG_2018.pdf

Máis información sobre o Ano María Victoria Moreno: https://academia.gal/letras-actual


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+