Non teñen para comer e Jácome lles regala Xogos acuáticos na Ponte (Centro Cívico), con entrada gratuíta e aforo limitado.

Información
Agenda de Galicia | 07 Agosto 2020 | 2049 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Os nenos e as nenas poderán desfrutar o martes, 11 de agosto, dos xogos acuáticos que o Concello instalará xunto ao Centro Cívico da Ponte, dentro da campaña "Móllate co Comercio".Será de 18:00 a 21:00 hora, con aforo limitado e entrada gratuíta. A campaña percorre os barrios da cidade de forma itinerante, os martes e os xoves, coa finalidade de axudar a dinamizar o pequeno comercio da cidade e darlle un incentivo aos cativos neste caluroso verán.

 

DATAS

Martes 4 - Parque do Barbaña
Xoves 6 - Xardín do Posío
Martes 11 - Centro Cívico A Ponte
Xoves 13 - A Farixa
Martes 18 - Santa Teresita
Xoves 20 - Campus universitario das Lagoas
Martes 25 – Barrocás
Xoves 27 – Pavillón dos Remedios

Carlos López, da empresa Saudeter -encargada de levar a cabo as actividades-, asegura que se tomarán todas as medidas de seguridade para crear contornas seguras: os grupos serán de 15 rapaces máximo, e ademais das medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, engadiranse outras, alternativas, para garantir a seguridade de todos os participantes”.

Os menores de 14 anos, en calquera caso, deberán ir acompañados dun adulto.

Máis información sobre a actividade e medidas de seguridade en: Móllate co Comercio (PDF)