Imprimir

Vilagarcía abre as súas praias ao público e apela a responsabilidade individual para cumprir coas normas de distancia física e hixiene

Información
Agenda de Galicia | 25 Mayo 2020 | 2363 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image
Os areais de Vilagarcía (A Concha-Compostela, Preguntoiro, Campanario-Bamio, A Covacha e Canelas) estarán abertas a público a partir deste luns, de acordo coa fase 2 do proceso de desescalada da crise sanitaria do Covid-19. Dado que, como o resto dos concellos costeiros, o de Vilagarcía carece de medios para unha vixilancia constante dos areais, a labor que se vai levar adiante será fundamentalmente informativa, mediante carteis e a presenza puntual de Protección Civil e Policía Local.
Dende o Concello se apela á responsabilidade individual como único xeito de que as medidas de distancia física (dous metros) e de hixiene (lavar ou desinfectar as mans e usar máscaras cando non se poda manter esa distancia de dous metros) contribúan á non proliferación de novos contactos. Por ese mesmo motivo, os aseos públicos permanecerán pechados e non se parcelarán os areais.

Segundo a normativa, o aforo dunha praia calcúlase con base en catro metros cadrados de superficie de praia por persoa; no caso da Concha-Compostela, por exemplo, entre a zona de dunas e o mar en situación de pleamar. Tendo en conta a enorme superficie deste areal, o concello confía na voa disposición dos veciños para cumprir coas normas, como xa o fixeron durante todo o confinamento.
Categoría de nivel principal o raíz: Localidades de Galicia
Categoría: Agenda de Galicia
Visto: 2363