Publícase en galego unha disertación con perspectiva contemporánea baseada nun escrito budista do século XIII sobre a budeidade na vida cotián
Co gallo da celebración este 17 de maio do Día das Letras Galegas, a editorial de pensamento budista Ediciones Civilización Global, ten o pracer de presentar a versión en lingua galega da obra El logro de la budeidad en esta existencia, un traballo do escritor xaponés, filósofo e activista pola paz Daisaku Ikeda.
Disertacións sobre o atinximento da budeidade nesta existencia, título da versión en galego da citada obra, explora un importante escrito do monxe xaponés do século XIII, Nichiren Daishonin, dende unha perspectiva actual.
A fondura do seu ensino sobre o concepto de “acadar a budeidade” nesta existencia supuxo un fito revolucionario nas correntes filosóficas da época apuntando cara ao empoderamento individual como orixe do empoderamento colectivo, un enfoque capaz de modificar radicalmente o pensamento budista do século XIII e chegar ata os nosos días con toda a vixencia e a forza para transformar vigorosamente a época actual e abrir un futuro cheo de esperanza neste século XXI.
Ikeda, o seu autor, baseou a súa vida no poder do diálogo, mantendo encontros con personalidades e académicos das máis diversas latitudes para conversar sobre temas cruciais de importancia para a humanidade. Máis de oitenta deses diálogos foron publicados en forma de libro.
Disertacións sobre o atinximento da budeidade nesta existencia vén contribuír á publicación de libros en lingua galega coa filosofía budista como temática principal. Nesta ocasión, a edición galega contou coa tradución de Inés Vázquez.
El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia. Ese vacío legal ordena la prevalencia de la contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia. ver más...+ Documentos descagables;
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)