Información
Agenda de Galicia

600 gaiteiros daranse cita na primeira fase do XI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, en Vilariño de Conso

Información
Localidades de Galicia 20 Enero 2020 1248 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Concello de Vilariño de Conso prepárase para acoller a primeira fase do XI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas que terá lugar o vindeiro sábado, 25 de xaneiro, a partir das 11.00 horas, en memoria de Adelaida Domínguez Pérez, cantora de coplas de cego de Pradoalbar. A presentación deste evento cultural tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía; o director da Real Banda de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; e o coleccionista de pliegos de cordel, Julio Domínguez.

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense lembrou que o certame naceu con vocación de "servir como canle cultural ás bandas de gaitas de toda a Península Ibérica, sendo un complemento educativo ao ensino recibido na Escola de Gaitas da Deputación de Ourense".

Pola súa parte, o director da Real Banda de Gaitas da Deputación salientou que Vilariño de Conso converterase o vindeiro sábado "na capital da gaita e da nosa cultura". Así mesmo, Melisa Macía afirmou que acoller este evento cultural supón tamén "homenaxear a nosa Banda de Gaitas, que leva máis de 30 anos realizando un importante labor a prol da nosa cultura e que, actualmente, conta con 25 integrantes".

No Certame daranse cita "600 gaiteiros procedentes de bandas de gaitas de diferentes municipios da provincia, de León, Lugo, A Coruña, Asturias e Portugal", sinalou Xosé Lois Foxo. A entrega de diplomas e medallas terá lugar ás 14.30 horas e, posteriormente, tódalas bandas participantes interpretarán conxuntamente o Himno do Antergo Reino de Galicia.

Monumento á copla

Ademais do Certame, o vindeiro venres, 24 de xaneiro, ás 17.30 horas, terá lugar a inauguración en Chaguazoso do monumento á copla "O caso das Piornizas", creada por Leandro Besteiro no 1949.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....