Información
Agenda de Galicia

Manifestación este xoves dende Barreras até a delegación da Xunta en Vigo para que Feijóo explique seus " trapicheos con Lozoya de Pemex " e Barreras.

Información
Localidades de Galicia 12 Noviembre 2019 137 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A CIG convoca unha manifestación este xoves 14 en Vigo para reclamar a intervención pública de Barreras co obxectivo de garantir o mantemento da actividade industrial e de todos os empregos. A marcha arrincará das instalacións do estaleiro ás 11:00 horas e rematará diante da delegación da Xunta na cidade.

Con esta nova mobilización, a central quere demandarlle ás Administracións públicas que interveñan nunha empresa que foi privatizada polo Goberno español de Aznar por debaixo do prezo de mercado e que na actualidade atravesa unha grave crise coa súa entrada en preconcurso de acredores. 

 

A marcha terá lugar este xoves 14 dende o estaleiro até o edificio da Xunta ás 11:00 horas

Dende a central lembran que o naval é un sector estratéxico para Galiza e fundamental para a comarca de Vigo, polo que o Goberno galego ten que achegar as axudas públicas necesarias para a súa vertebración, co obxectivo de garantir a súa supervivencia e de frear o actual proceso de precarización laboral e de emigración de man de obra cualificada, imprescindíbel para un sector competitivo. A maiores, solicitan a convocatoria da Mesa do Naval, onde están representadas todas as partes (estaleiros, auxiliares, centrais sindicais e Administración).

Ao mesmo tempo, demandan que se retome de inmediato a actividade industrial en Barreras coa volta dos traballadores/as e das empresas auxiliares. O estaleiro, a navieira, o fondo de investimentos ou a Administración deben garantir o cobro/pago dos traballos realizados durante o período de preconcurso. “Obviamente, non se poderá contar coas empresas e cos empresarios/as responsábeis da actual situación”.

Prestacións por desemprego

Tamén apostan pola creación dunha comisión para afrontar a crise do estaleiro, así como a posta en marcha por parte do Goberno central das medidas necesarias para a reposición das prestacións por desemprego durante o período no que os traballadores/as estiveron sen actividade, “garantindo o mantemento dos cadros de persoal por parte das empresas auxiliares, xa que os traballadores/as son os verdadeiros damnificados/as desta situación xunto coas súas familias”.

Finalmente, instan a que os fondos de garantía de depósito feitos polos accionistas de Barreras para a construción dos buques non lles sexan devoltos no caso de que se venda o estaleiro e se empreguen para o pago das débedas que o estaleiro ten coas empresas auxiliares, exceptuando os que puidesen estar vinculadas coa dirección da empresa, e demándase a depuración de responsabilidades empresariais e penais á anterior dirección pola súa xestión deficiente e por levar o estaleiro á quebra

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+