Información
Agenda de Galicia

Jácome anima a participar na Noite da Santa Compaña do Samaín 2019

Información
Localidades de Galicia 03 Octubre 2019 515 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense reforzará este ano a programación da actividades do Samaín, incorporando como novidade a organización da Noite da Santa Compaña, que servirá de colofón as actividades do día 31 de outubro. A proposta consiste na realización de distintas procesións que xurdirán desde varios puntos da cidade, percorrerán as rúas coas luces apagadas e finalmente confluirán nunha gran festa que rematará na Praza Maior.

 

Desde a Concellería de Cultura convídase aos grupos que o desexen a vestirse e sumarse ás procesións, recreando libremente o que para elas representa a Santa Compaña. Proximamente anunciaranse os percorridos e a programación concreta.

Para inscribirse, débese enviar un correo electrónico á Concellería de Cultura (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.), especificando o nome da persoa responsable, o número de participantes e o contacto (teléfono).

A tradición da Santa Compaña

A Santa Compaña é na mitoloxía galega unha procesión de ánimas anunciadora da morte. Segundo a lenda, estas hostes percorrían as rúas dos lugares para advertir a aquelas casas onde habería unha defunción. Esta historia popular está profundamente arraigada na tradición cultural galega. Agora desde a Concellería de Cultura preténdese recrear cunha grande participación da xente para potenciar esta data tan significativa.

Carteis de Samaín e Magostos 2019

Ademais, a Concellería lembra que ata o día 10 de outubro está aberto o prazo para presentar traballos ao concurso para a elección dos carteis anunciadores das festas do Samaín e os Magostos

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+