Información
Agenda de Galicia

O Rockin’ Carballo vai a por todas con nove concertos para que non pares de bailar da mañá á noite

Información
Localidades de Galicia 30 Junio 2019 543 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Carballo volve a ser a capital galega do rock co Rockin´ Carballo. Despois do paso de bandas como The Trashmen, Chesterfield Kings, Roy Loney, Barrence Whitfield, Lagartija Nick, Atom Rhumba, Powersolo ou Dr. Explosión, este sábado 29 de xuño teremos de novo unha oferta musical de primeira repartida entre os dous escenarios do festival e, coma sempre, de balde. Miqui Puig, Playa Desmayo e Elvis Negro, no Escenario Palmeira, e Cloaca, Thee Blind Crows, Terrier, Vancouvers, Los Chicos e Antón Dj, no Escenario Rego da Balsa, faranche bailar da mañá á noite.

 

Ademais, este sábado volve a campaña Carballo en festas, agresións 0’0, que tan boa acollida tivo os días 24 e 25. O stand informativo e promocional estará instalado nesta ocasión xunto á carpa do Rockin’ Carballo, no Rego da Balsa.

ESCENARIO PALMEIRA

13:00h Miqui Puig
Se cadra “Factor X” e “Operación Triunfo” fixeron máis pola popularidade de Miqui Puig que a súa discografía, pero a música do barcelonés é peza importante da historia do pop español. Durante os noventa liderou a Los Sencillos, un grupo que soubo recoller o mellor da colleita dos oitenta e que innovou nunhas composicións que partían desde uns sons e unha estética ligada ao mod británico para chegar un pop máis convencional e bailable, próximo ao funk e á rumba (quen no recorda hits como Bonito esMala mujer ou No por eso no (Quiero que tú te vayas de aquí). Xa en solitario gravou Casualidades (2004), Miope (2007), Mis favoritas (2008), Impar (2008), Homenaje a Barcelona (2010), Escuela de capataces (2017) e 15 Canciones de Amor, Barro y Motocicletas (2019). É tamén coñecido pola súa faceta como Dj en grandes festivais de música alternativa, ademais de polas sus colaboracións na prensa musical. Ultimamente produciu as actuacións da Free Fall Band, o grupo que acompañou a Amaia Romero en concertos como o do Primavera Sound, o do Universal Music Festival ou do Teatro Real.

17.00 horas Playa Desmayo
“Dúo de borrachos que facemos música enérxica que flúe entre o punk, o surf e o rock and roll, pero todo mal tocado”. Así se definían, non hai tanto, Playa desmayo, a banda coruñesa formada a principios de 2016 como produto das sesións de verán de música caseira de dous amigos, Gaspar Baluja (voces e batería) e Roi Paz (guitarra e voces). Pero Playa desmayo medraron e apuntan máis alto. Seguen apostando por un son que reflicta a súa forma de vida e que lles permita viaxar e tocar para divertise: o que seguro que o pasa estupendo véndoos no escenario é o público. Gravaron dous Eps o primeiro, homónimo, con catro cancións –NoLos vándalos hicieron de las suyasBossa NovaAlcohol (No necesito tu opinión)-, publicado en febreiro de 2017; e o segundo, Fame di fuoco, editado en abril de 2018 año con outros catro cortes -PlayaNo puedo másRubia e Bajo el sol.

18.00 horas Elvis Negro
Na música Elvis Negro (os carballeses María Costa e Manu Eirín, e o coruñés Marcos Romero) hai poesía, espontaneidade, maxia negra, vivacidade e emoción: o son flúe a un nivel orgánico definido polo pulso, aproximadamente como o tempo andante dos latidos do corazón humano, imprimindo nas membranas un patrón invisible de enerxía, creando fermosas melodías xeométricas. É música sacra e profana, conectada con antigas matemáticas, ‘petites suites’ cosmogónicas de carácter subdancístico, formas binarias simples e estética abstracta. Á marxe de calquera pedantería culturalista, o efecto que producen é claro: misteriosa gravidade, de delicada dozura, reflexión melancólica, arritmia leve e clímax.

ESCENARIO REGO DA BALSA

19.30 horas Cloaca
A música dos coruñeses Cloaca (Bento Carroña, voz e guitarra; e Rata Ray, batería e voces) aposta polo garaxe, o punk e o surf para callar temas cheos de crueza, enerxía e poderío instrumental: viscerais pílulas de rock & roll cavernícola con tremenda interpretación vocal, riffs demoledores e potentes baterías, nunha festa para os adoradores do fuzz e da liserxia más velenosa e do revival garaxeiro dos 80, todo envolto nun virtuosismo instrumental que consigue atraparte coas súas divertidas letras nas que o mesmo falan de cavernícolas, cloacas e cerebros anormais, que de fuxir, cuspir, querer, beber e esquecer. Entre as súas influencias aparecen históricos da talla dos Sonics, Count Five, Ramones, The Cramps, The Cynics, The Lyres, The Fuzztones, The Morlocks e Dead Moon. O seu EP de presentación (Cloaca, 2018) inclúe os cortes ¿Cuál es mi nombre?, Perros hambrientosAnormalCavernícola e Cloaca inmunda.

20.30 horas Thee Blind Crows
Thee Blind Crows xurde do cruce de camiños entre o blues e o punk: un son crúo e frenético que te fará vibrar ata a extenuación. Influídos por mil bandas que van desde Inmortal Lee County Killers, R.L. Burnside, The Sonics aos primeros White Stripes, este enérxico dúo de melómanos pontevedrés farate viaxar desde o Mississippi a Detroit a través das atmosferas máis primitivas e pantanosas: un explosivo que, ao estourar, expande toda a súa metralla composta por blues, garaxe, country e punk. Logo de gravar as maquetas Thee Blind Crows (2010) e Thee Lost tapes e os videclips Wrong decisions e Last Train, en 2012 editan, con produción propia, o LP Too blues to be punk, too punk to be blues, ao que seguirán outro longa duración, Primitive loud blues (2014), e o EP Back from the Cave (2016). Death Awaits Us All (2019) é o contundente  título do seu traballo máis novo traballo, catorce  intensas e salvaxes descargas de blues punk, coas que o grupo pontevedrés, agora convertido en power trío, estrea formación -Samu Crow, baixo e coros, súmase a Alberto “Al”, guitarra e voz principal, e a Diego “Dddelirio”, batería- e celebra os seus dez años de traxectoria, durante a que compartiu escenario con artistas internacionais afíns ás súas propostas musicais como Flat Duo Jets e Legendary Shack Shakers.

21.30 horas Terrier
Terrier ( Lili Laduquesa, órgano; Don Matías, batería; Dave Petrone, guitarra; e Maria Manoli, baixo) son desas bandas sempre capaces de crear cancións destinadas a corealas sen complexos, partindo sempre de pequenas dosis de rabia. Pouco a pouco foron moldeando un estilo ben recoñecible no que as voces son protagonistas nun son próximo a un garaxe de fondo cunha vea pop que acaba marcando as diferencias, sempre achegados a sons facturados desde selos nacionais como Discos Humeantes ou Sonido Muchacho e con influencias foráneas tan reconecibles como as de Velvet Underground, The Byrds, Sinny and The Sunsets, Shannon & The Clams, Modern Lovers, Shimmering Stars, Thee Oh Sees, The Babies ou Girls Names. Logo de editar Terrier (2012), Un cadáver en el mar (2014) e La plaga (2016), editaron Algo para Romper(2018), unha excelente colección de cancións que mostran unha actitude visceral, unha labazada, e poñen de manifesto contradicións da vida moderna, algunhas máis recorrentes (a sobreexhibición da felicidade nas redes sociais, as modas concienciadas e hipsterizadas como o veganismo de postureo) e outras máis veladas, sempre transmitindo certa sensación de inquedanza. Se che gustan Ataque de Caspa, Los Punsetes, Parálisis Permanente ou as cancións menos coñecidas de Pegamoides, Terrier vanche gustar tamén. E moito!

22.35 horas Vancouvers
Pola súa destreza instrumental, Vancuvers parece unha desas bandas saídas de Estados Unidos ou Reino Unido, pero son cen por cento Malasaña, un dos barrios madrileños que máis fixo pola música española. Rareza musical no noso país, o cuarteto admirado por Alex Chilton desapareceu da circulación hai vinte anos, pero as súas explosivas cancións quedaron na memoria de moitos máis que catro informados. Volveron en setembro de 2018 para un concerto de homenaxe ao falecido Rafa Fustes -dono do icónico Flamingo Bar- e outra vez prenderon no grupo as ganas de escenario, onde Marta Romero, Juan Santaner, Ángel Cubero e Kiki Tornado seguen fieis a un rock and roll “demasiado pop para o punk e demasiado punk para o pop”. Gravaron discos como No Particular Place(1990), Quintessential (1992), Assorted Cookies(1994) ou Up To You(1996), nos que planeaban influencias de Big Star, Replacements, R.E.M., Hüsker Du, Saints, Neil Young, Green Day, Posies ou Radio Birdman. O resultado: un explosiva mestura interpretada con rabia xuvenil.

00.00 horas Los Chicos
Los Chicos levan facendo estoupar a alegría do rock and roll desde hai máis de 16 años. A súa mestura entre pub-rock-punk e o country-gospel-punk-soul arrasou infinidade de escenarios de todo o mundo. Nestes tres lustros conquistaron os escenarios de cada garito, cada sala e cada festival que pisaron, gracias a un directo no que proporcionan unha revolución tola de guitarras, ritmo, enerxía, pinchacarneiros e comuñón de rock and roll. Formados por un predicador que non para de buligar e bailar, o frontman Rafa Suñén; os xemelgos Gerardo e Antonio Urchaga, que disparan as súas guitarras e súan puro Rock&Roll e felicidade; Casanova, un baixista propulsado por un motor V-8 e que parece ter a mesmísima Motor City dentro del; e Ral García, un reloxo e apisoadora á batería. Compartiron escenario con Mudhoney, Southern Culture On The Skids, King Khan, The Sonics, Radio BIrdman, Johnny Casino, Soundtrack Of Our Lives, Cosmic Psychos, Spencer P Jones, The New Christs, The Young Fresh Fellows, The Meanies, Barrence Whitfield, Hi-Risers, Eddie And The Hot Rods, Paul Collins, Roy Loney e outras grandísimas bandas; e fixeron 4 xiras por Australia, infinidade de visitas ao Reino Unido e unhas cantas incursións por Europa, han publicado varios singles, participado en varios compilatorios e editado 7 álbums. Se che gusta o Rock&Roll e a festa, Los Chicos son o teu grupo.

01:10 horas Antón DJ
Antón DJ leva desde os 17 años pinchando grupos como The Smiths ou The Cure en Malpica. Logo de ser residente no pub A Eira de Ponteceso, dá o salto a grandes salas como o Soho Bar (Gijón) e Yes We Dance (Madrid), e conságrase compartindo cabina con Dj´s como Legoteque ou Hugo Lee-Loup. O seu repertorio é completísimo e abarca todo tipo de estilos: música alternativa actual, rock, pop, indie, electrónica, punk… As súas sesións teñen un obxectivo claro: que a xente non pare de bailar en toda a noite.

Vídeos


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+