Información
Agenda de Galicia

Os Cursos de lingua e cultura galegas recibirán este ano alumnado de máis de vinte nacionalidades

Información
Localidades de Galicia 26 Junio 2019 483 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Imaxe de arquivo dunha edición pasado nun dos roteiros que complementan os cursos. Foto: RAG

A XXXII edición dos Cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’ contará con preto de 70 estudantes procedentes de máis de vinte países de catro continentes. O programa desenvolverase en Santiago de Compostela do 2 ao 24 de xullo combinando, como é costume, clases teóricas e prácticas sobre o idioma e a cultura de Galicia con palestras, excursións e obradoiros.  O Instituto da Lingua Galega da USC e a Real Academia Galega co organizan estes cursos co apoio da Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

O programa é co dirixido polo secretario da RAG, Henrique Monteagudo, e o director do ILG e tamén académico, Xosé Luís Regueira. Representantes de todas as institucións implicadas recibirán o alumnado na inauguración dos encontros, que terá lugar o martes 2 de xullo ás 12.30 horas na Facultade de Filosofía. 

Os estudantes da nova edición proceden de Rusia, Finlandia, Hungría, India, Irán, Madagascar, Romanía, Alemaña, Arxentina, Austria, Brasil, Cuba, República Checa, Inglaterra, Gales, Estados Unidos, Polonia, Italia, Portugal, Venezuela e distintas comunidades autónomas de España. 

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, impartirá a conferencia inaugural o xoves 4 de xullo na sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña, nunha xornada na que o alumnado tamén terá a oportunidade de visitar a Torre de Hércules. O calendario de palestras continuará a semana que vén co escritor, músico e produtor Antón Reixa, cunha intervención sobre a produción audiovisual como promoción de normalización lingüística; a música Paulina Ceremuzynska, que ofrecerá un achegamento ás cantigas medievais galegas; e un relatorio do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, titulado ‘Rosalía en Camiño’. A semana seguinte será a quenda da directora de Vinte, María Yáñez, que abordará as oportunidades e os desafíos para a lingua nos medios de comunicación; do contador e poeta Celso Sanmartín, así como do actor e director teatral Quico Cadaval e o arqueólogo José Suárez Otero, que impartirá unha conferencia sobre as orixes do Camiño de Santiago. 

Os participantes nos XXXII Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” poderán participar ademais en obradoiros de música e baile tradicional e realizarán unha excursión a Fisterra.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+