Información
Agenda de Galicia

Vilagarcía prenderá 246 cachadas para celebrar a noite de San Xoán e outras 159 a de San Pedro

Información
Localidades de Galicia 23 Junio 2019 373 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 O número total de solicitudes de permisos para facer as tradicionais fogueiras ascendeu a 246, todas elas para as celebracións de San Xoán (incluídas as 27 para realizar nas praias da Concha-Compostela, amio e A Covacha. Como as solicitudes fanse de forma conxunta, en 159 delas tamén se pedía autorización para organizar cachadas durante a noite de San Pedro.
A maiores, e como ven sendo habitual dende hai anos, tamén se concederon 15 permisos para a realización de sardiñadas e barbacoas en espazos públicos por parte de locais de hostalería.



Lémbrase que todas as cachadas autorizadas deben cumprir as medidas de seguridade e limpeza que se recollen no bando específico para estas celebracións. Por exemplo, as fogueiras deben contar cun perímetro de seguridade de 6 metros de radio por cada metro de altura, porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, e de que estea lonxe de zonas arboradas, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables. Non se poderán acumular combustibles nos arredores das cachadas e tampouco se poderán queimar nelas material contaminantes ou perigosos, como neumáticos, aerosois, etc...

Para garantir a seguridade e atallar posibles incidencias, deberá disporse de material para a extinción do lume, tal como caldeiros con auga, area ou extintores, e os organizadores están obrigados a deixar completamente apagada a fogueira antes de marcharse, para o cal deberán empapala en auga. Ademais, con exceso de vento non se poderá prender.

A maiores destas normas de seguridade, as fogueiras autorizadas nas praias deberán cumprir tamén o requisito de instalarse respectando os 6 metros de servidume de paso dende a liña de preamar ou marea alta, tal como se recolle na ordenanza reguladora do uso dos areais.

No caso de que se teña intención de realizar a cachada na beirarrúa ou en calquera outro espazo público, ademais de cumprir os requisitos xa mencionados, deberá solicitarse un permiso de ocupación da vía ou espazo público, protexendo o pavimento con placas de ferro, area ou material similar que evite danalo e debendo deixar a zona limpa unha vez rematada a fogueira.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+