Información
Agenda de Galicia

Máis de 300 cacharelas e sardiñadas animarán o San Xoán en Compostela

Información
Localidades de Galicia 23 Junio 2019 531 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, deu conta do operativo para atender as diferentes cacharelas e sardiñadas que se celebrarán na noite de San Xoán. En total, durante a fin de semana celebraranse 57 cacharelas e sardiñadas públicas e 252 privadas.

Durante o sábado e o domingo reforzarase o servizo de Bombeiros e tamén se incrementará ata tres o número de patrullas da Policía Local para estes dous días. Ademais, reforzarase o servizo de limpeza que actuará despois de finalizadas as celebracións.



Normas de seguridade 
Acompañou ao concelleiro na rolda de prensa o xefe do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, Manuel Sanmartín, quen lembrou que todas as cacharelas celebradas nos espazos públicos serán inspeccionadas previamente tanto pola Policía Local como polos Bombeiros, para asegurar que cumpran os requisitos esixidos en canto a volume, separación entre árbores e edificios e pavimento.

Na zona urbana, o volume do combustible da cacharela non superará os 2 metros de diámetro e os 6 de perímetro, nin o metro de altura. Na zona rural, non se superarán os 3 metros de diámetro ou 9 de perímetro. Cando as cacharelas se fagan sobre terreos de uso público lousados, protexerase o pavimento cunha capa de area de 10 centímetros.

A separación entre as cacharelas, edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbano será como mínimo de 12 metros, excepto no casco urbano. Como é habitual, estará prohibida a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites e, en xeral, calquera substancia que desprenda fume tóxico. Ao rematar a cacharela, os organizadores aseguraranse de que non quedan cinzas acendidas, e terán a obriga de limpar o espazo utilizado para a actividade.

Cortes de tráfico 
Con motivo dalgunha destas celebracións, produciranse varios cortes de tráfico ao longo destas dúas xornadas. Así, o sábado 22, a rúa de Fernando III O Santo pecharase ao tráfico a partir das 19:00 horas no tramo comprendido entre República Arxentina e A Rosa. A partir da mesma hora tamén se cortará ao tráfico a rúa de José Antonio Souto Paz, no barrio de Pontepedriña.

Xa o domingo 23, con motivo da cacharela-sardiñada a celebrar no barrio de Pelamios, a partir das 17:00 horas cortarase o tráfico nos cruces da rúa do Burgo das Nacións con Carvalho Calero e no da rúa de Morón con Castiñeiros e Pelamios. En canto ao barrio de San Pedro, prohibirase o estacionamento na Cruz de San Pedro a partir das 18:00 horas. O acceso á rúa dos Lagartos do tráfico procedente dos Concheiros farase pola corredoira das Fraguas ata a costa do Vedor, onde os vehículos xirarán á dereita cara a Cruz de San Pedro. Os que accedan á rúa dos Lagartos procedentes da costa do Vedor seguirán de fronte cara á Cruz de San Pedro e xirarán á esquerda a rúa dos Lagartos. 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+