Información
Agenda de Galicia

Unha exposición de obxectos tradicionais complementará a visita dramatizada ao Arrabal

Información
Localidades de Galicia 24 Mayo 2019 489 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Unha exposición realizada grazas á recompilación de obxectos tradicionais complementará a oferta de actividades culturais que se desenvolverán na fin de semana do 1 e 2 de xuño con motivo da visita dramatizada protagonizada polas persoas participantes no obradoiro de teatro “6x6 Punto de encontro O Arrabal: historias non escritas”.Unha exposición realizada grazas á recompilación de obxectos tradicionais complementará a oferta de actividades culturais que se desenvolverán na fin de semana do 1 e 2 de xuño con motivo da visita dramatizada protagonizada polas persoas participantes no obradoiro de teatro “6x6 Punto de encontro O Arrabal: historias non escritas”.


A mostra reunirá obxectos cedidos pola veciñanza, entre os que se atopan ferramentas de carpintería, apeiros de labranza, elementos relacionados co tecido da lá e do liño, fotografías, documentos e xornais antigos, entre outros. Todos eles gardan algún tipo de relación coas historias “non escritas” que se representarán durante a visita dramatizada e que falan do patrimonio inmaterial e a memoria colectiva de Oia.
Baixo o título “O Arrabal, historias non escritas”, a proposta expositiva partirá do material para explicar o inmaterial, facendo fincapé nas historias locais que manteñen unida á comunidade e que inclúen desde contos e lendas ata costumes e tradicións que xa non se practican. Ao mesmo tempo, renderase homenaxe a figuras clave da cultura galega, como Rosalía de Castro e Castelao.
A mostra permanecerá exposta na Oficina de Turismo de Oia desde o sábado 1 de xuño e poderá visitarse durante todo o mes no horario de apertura das anteditas instalacións.
Catálogo
Ademais da montaxe da propia mostra, a iniciativa inclúe a edición dun catálogo onde se explican os obxectivos da actividade e onde tamén se reúnen os textos das diferentes pezas dramáticas a representar pola veciñanza. Deste xeito, poderase entender a relación entre as pezas que se exhiben e o espectáculo das artes escénicas. O catálogo estará accesible en formato papel e tamén en PDF a través de código QR para consultar desde o teléfono móbil.  
Tanto a exposición como o catálogo son iniciativas organizadas pola Asociación Costa dos Castros, a cal solicitou financiamento á Deputación de Pontevedra dentro da liña de subvencións para a Dinamización da Lingua do ano 2019. 
Historias non escritas
O obradoiro de teatro veciñal está organizado polo Concello de Oia e impartido pola Artística Teatro e Danza entre os meses de febreiro e maio. A raíz do proceso de análise e reflexión sobre o patrimonio inmaterial e a memoria colectiva desenvolvidos coa veciñanza participante no obradoiro, elaboráronse varias pezas teatrais que serán representadas o vindeiro domingo 2 de xuño a partires das 19.00 horas en diversas localizacións emblemáticas do barrio do Arrabal.
Ademais, o barrio acollerá unha programación complementaria composta por un espectáculo infantil, postos de artesanía local e música de cantos de taberna. Toda esta actividade desenvolverase nunha contorna cunha ambientación moi especial, pois a decoración estará elaborada polo alumnado dos colexios do municipio.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+