Información
Agenda de Galicia

Santa Rita despídese por todo ao alto con ambiente romeiro, procesión e o festival CodArte

Información
Localidades de Galicia 22 Mayo 2019 471 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
As festas de Santa Rita rematan mañá, día grande, por todo o alto. O ambiente da romaría popular invadirá a contorna de Vista Alegre dende a madrugada e durante toda unha xornada na que se celebrarán misas continuadas e a multitudinaria procesión na honra da santa. Ademais, poderase gozar das mellores voces e músicos noveis do municipio no festival CodArte e os cativos poderán prolongar o xogo e o divertimento nas actividades da Rúa dos cativos e do Festivaliño de cine infantil da Caixiña dos Mixtos. E todo, regado co son das gaitas dos pasacalles ofrecidos por grupos locais.
AXENDA DO MÉRCORES 22 MAIO 
DE 11:00 A 15:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
11:00 Apertura do mercado Celta, da zona de animación e xogos, do Campamento Castrexo “Clan de Breogán” e do Rincón do Retrato.
Apertura dos talleres artesáns (barro, cestería, coiro e vidro)
11:30 O carro dos Soldados de Morrigan e da Deusa Celta da guerra
12:00 O Fauno percorre o mercado
12:15 Obradoiro de cerámica e pegadas do pasado no campamento castrexo
12:30 Pasacalles de música celta
13:15 Desfile polo mercado das ordas celtas
13:30 O xigante malabarista divirte aos cativos
14:00 Pasacalles de música celta
14:15 O carro dos Soldados de Morrigan e da Deusa Celta da guerra
15:00 Peche do mercado

12:00 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Grupo de Gaitas e Baile A Nosa Señora da Xunqueira

DE 16:30 A 20:30 [PRAZA II REPÚBLICA]
A Rúa dos Cativos
Patrocina: Gadis
Bebegadis: (sorteo diario de set Bebegadis)
Área de inchables (de 2 a 10 anos)

DE 17:00 A 20:00 [PRAZA II REPÚBLICA]
Festivaliño on the road - X Aniversario da Caixiña dos Mixtos
Festival itinerante de cinema infantil

17:30 [PRAZA DE GALICIA]
CodArte Santa Rita 
As mellores voces, músicos, bailaríns e artistas formados pola Escola de Música e Danza Coda, farán resoar Santa Rita coa súa arte.

DE 18:00 A 23:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
18:00 Apertura do mercado Celta, da zona de animación e xogos, do Campamento Castrexo “Clan de Breogán” e do Rincón do Retrato.
Apertura dos talleres artesáns (barro, cestería, coiro e vidro)
18:45 O Fauno percorre o mercado
19:00 Pasacalles de música Celta
19:30 O Carro dos Soldados de Morrigan e da Deusa Celta da guerra
20:15 Pasacalles de música celta
20:30 O xigante malabarista divirte aos cativos
21:00 O Carro dos Soldados de Morrigan e da Deusa Celta da guerra
As Ordas Celtas percorren o mercado
21:30 Pasacalles de música celta 
22:00 Espectáculo de fogo e malabares
23:00 Peche do mercado

20:00 [PRINCIPAIS RÚAS DA CIDADE] 
Procesión
Percorrido: Saída do Convento de Vista Alegre, Rúa Castelao, Praza de Galicia, Rúa Conde Vallellano, Rúa Juan García, Rúa Valentín Viqueira, Avda. da Mariña, Rúa Conde Vallelano, Rúa Arcebispo Lago, Rúa Alexandre Bóveda, Vista Alegre.

20:00 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Grupo de Gaitas Os Xirifeiros de Carril
21:30 [RÚA ALEXANDRE BÓVEDA]
Verbena popular. Orquestra Passarela
Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+