Información
Agenda de Galicia

A Real Academia Galega celebra o Día das Letras Galegas ao pé da escola onde estudou Antonio Fraguas

Información
Localidades de Galicia 15 Mayo 2019 379 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • pleno extraordinario do venres 17 de maio, aberto ao público, desenvolverase na carballeira de Famelga, en Cerdedo-Cotobade, a partir das 11:30 horas
  • Os membros da RAG Clodio González Pérez, Fina Casalderrey e Francisco Díaz-Fierros Viqueira ofrecerán tres alocucións sobre distintos aspectos da vida e da obra do homenaxeado

A Coruña, 15 de maio de 2019.- A Real Academia Galega celebrará este venres, 17 de maio, o Día das Letras Galegas que lle dedica a Antonio Fraguas (Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) na súa terra natal, Cotobade, na carballeira de Famelga, na parroquia de Augasantas do concello de Cerdedo-Cotobade. O pleno extraordinario terá lugar ao pé dun espazo fundamental na traxectoria do homenaxeado, a escola onde por primeira vez un profesor soubo ver o potencial daquel rapaz que acabaría sendo un destacado etnógrafo e un profesor moi querido por moitas xeracións de alumnos e alumnas. Na sesión ofrecerán distintas perspectivas sobre a vida e o legado do intelectual o académico correspondente Clodio González Pérez, a académica de número Fina Casalderrey e o académico de número Francisco Díaz-Fierros Viqueira. O acto, aberto ao público, dará comezo ás 11:30 horas.

Antonio Fraguas naceu en Cotobade no ano 1905 e, tras aprender as primeiras letras coa nai, empezou a ir á escola pública en Loureiro, a súa parroquia, cando estaba a piques de facer os seis anos. El mesmo contaba que alí non chegou a aprender nada, pero o destino da familia na emigración brasileira mudou cando, a finais de 1918, meses antes da data fixada para marchar, pasou a estudar na escola que acababa de abrir en Famelga un mestre chamado, coma el, Antonio. Os pais pensaran nun futuro para o rapaz como maquinista de tren, pero o ensinante convenceunos de que pagaba a pena facer o esforzo de darlle unha carreira. O lugar elixido para o pleno do Día das Letras Galegas está, xa que logo, cargado de simbolismo nunha vida dedicada á investigación da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos.

Membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos (SEG) na mocidade, etnógrafo, historiador, director e presidente do Museo do Pobo Galego, profesor depurado polo franquismo, narrador oral excepcional e intelectual cunha popularidade pouco común, Antonio Fraguas Fraguas conta cunha biografía que ofrece un percorrido por boa parte da historia galega do século XX no que contribuíu ademais a proxectar o galego como vehículo de expresión válido para calquera coñecemento.

O seu compromiso coa lingua e a cultura galegas agromou cando cursaba o bacharelato en Pontevedra, outra etapa decisiva na súa vida, na que tivo como mestres a Castelao ou Antón Losada Diéguez, quen máis o marcou. Alí, da man doutros compañeiros, fundou en 1923 a da Sociedade de Lingua, creada co obxectivo de defender o galego e de elaborar un dicionario. Xa na etapa universitaria en Santiago de Compostela ingresou, en 1924, nas Irmandades da Fala e colaborou co Seminario de Estudos Galegos, do que logo sería membro numerario.

No SEG participou, baixo a dirección de Ramón Otero Pedrayo, na inauguración en Galicia dos estudos de xeografía histórica e abordou o Entroido e outros temas sobre a súa terra, un lugar común de moitos dos seus traballos. Nestes tempos de mocidade, nos que foi tamén a primeira voz que se escoitou na historia da radio en Galicia, publicou artigos na revista Nós e n’A Nosa Terra. Comezaba unha obra, ampla e curiosa, con máis de trescentos libros e artigos de revistas, ademais de incontables pezas xornalísticas, nos que Galicia era o seu motivo esencial.

Antonio Fraguas escribiu sobre xeografía, cunha proposta de comarcalización da que aínda se pode seguir tirando proveito; cultivou a historia, deixando biografías de personaxes ilustres como Murguía ou Castelao e a que foi a súa tese de doutoramento, sobre o Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela; e fixo tamén achegas á arqueoloxía. Pero o campo no que máis destacou foi o do estudo da cultura labrega, en especial da súa parte espiritual. Festas, crenzas, romarías, cantigas, usos e costumes, dicires etc. aparecen nos seus ensaios e conferencias que eran, en palabras do profesor Eiras Roel, non só amenos relatos, senón unha manifestación temperá e adiantada para Galicia do que hoxe se deu en chamar a historia das mentalidades.

Unha traxectoria docente interrompida pola guerra

A Facultade de Filosofía e Letras foi o primeiro lugar no que Fraguas exerceu como ensinante, en calidade de profesor auxiliar. En 1933 incorporouse como docente ao instituto da Estrada, posto do que foi separado ao comezar a guerra civil polo seu activismo político, que o levou a ser secretario xeral do Partido Galeguista deste concello pontevedrés e un militante moi implicado na campaña a prol do Estatuto de Autonomía. A represión sufrida obrigouno a dedicarse ao ensino privado, que exerceu nunha academia propia, a Menéndez Pelayo, aberta en 1938 na rúa Algalia de Abaixo de Santiago. A partir de 1942, unha vez revisado o seu expediente de depuración, compatibilizou a dirección desta escola coa docencia de novo na Facultade de Filosofía e Letras, que reclamara os seus servizos, ata que en 1950 gañou unha praza de catedrático de instituto. Ensinou primeiro no Instituto Masculino de Lugo e en 1959 regresou a Compostela para exercer no daquela Instituto Feminino Rosalía de Castro, o que lle permitiu tamén dar aulas na Universidade ata a súa xubilación forzosa en 1975.

Investigador incansable

O protagonista do Día das Letras Galegas 2019 compaxinou sempre ao longo da súa carreira o ensino coa investigación, en contacto con distintas institucións como o Instituto Padre Sarmiento ou a Real Academia Galega, na que ingresou en 1956 co discurso Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán.

A institución publicou co gallo desde 17 de maio en versión dixital o orixinal, mecanoscrito, desta intervención de Fraguas e mais o manuscrito da resposta que lle deu Otero Pedrayo. Na web da institución tamén se ofrece a edición de ambos os textos adaptados ás Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago en Bonaval e en 1976 participou na creación do Museo do Pobo Galego, do que foi director e presidente, traballando sempre da man do seu bo amigo Xaquín Lorenzo Xocas. Xa na Autonomía, foi tamén coordinador da sección de antropoloxía cultural do Consello da Cultura Galega e desde todas estas institucións organizou e colaborou en congresos e xuntanzas científicas que serviron de foro de discusión e de posta ao día do universo da etnografía de noso.

                                          

Fraguas coñeceu o cariño e recoñecemento público nos últimos anos da súa vida. Recibiu, entre outras distincións, o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, a Medalla ao Mérito Cidadán e Cultural do Concello de Santiago, o Premio de Investigación e o Premio das Letras e das Artes da Xunta de Galicia, ou o nomeamento de cronista xeral de Galicia.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+