Información
Agenda de Galicia

O alumnado de cociña ofrecerá dúas presentacións-showcooking os xoves 16 e 23 no Mercado Municipal

Información
Localidades de Galicia 14 Mayo 2019 81 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Este xoves serviranse petiscos de empanada de mexillóns da terra

Este xoves serviranse petiscos de empanada de mexillóns da terra

O alumnado da Escola Municipal de Hostalaría continúa superando retos. Nos últimos meses, as instalacións do Fórum Carballo nas que estamos a formar a 15 novos/as profesionais da cociña son máis ca un lugar de aprendizaxe, porque xunto á formación teórica e, fundamentalmente, práctica que están a recibir sobre cociña, os/as futuros/as cociñeiros/as tamén están aprendendo a relacionarse co público. Degustaciós de petiscos, almorzos, banquetes... xa levan feito un pouco de todo.

 

Agora xa están preparados/as para dar un paso máis e para compartir a súa experiencia coa veciñanza. Este xoves e o vindeiro, é dicir, os días 16 e 23 de maio, o alumnado da Escola Municipal de Hostalaría ocupará o espazo da antiga tenda de ultramarinos do Mercado Municipal para convertelo no escenario de dúas presentacións-showcooking abertas a toda a cidadanía.

Para este xoves prepararán Empanada de mexillóns da terra e Espuma de coliflor con abadexo a baixa temperatura e allada, dous petiscos que se servirán de balde dende as 10.30 ata as 12.30 horas ou ata fin de existencias. Ademais de probar dous pratos elaborados polo alumnado, o público poderá coñecer máis de preto a Escola Municipal de Hostalaría, que en breve abrirá o prazo de inscrición para o curso que vén.

Otros articulos relacionados.....