Información
Agenda de Galicia

Preto de 100 ciclistas galegos disputarán o Campionato de Galicia 2019 Fondo en Estada nas categorías Élite e Sub-23

Información
Localidades de Galicia 14 Mayo 2019 95 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A proba transcorrerá por un percorrido de 130 quilómetros pasando por "Cenlle, Ribadavia, Ourense, San Amaro, Maside, entre outros lugares do territorio da nosa provincia", explicou Alejandro Bello quen sinalou que "a esixencia da proba estará marcada polo pelotón". Neste mesmo sentido, o presidente da Federación Galega de Ciclismo dixo que se trata da "proba máis importante do calendario galego, da que van a saír, de entre os cen corredores galegos que van a disputala, os campións de Galicia das categorías Élite e Sub-23".

O campionato, que se desenvolverá na comarca do Ribeiro, comezará ás 10.00 horas con saída e meta na localidade de Barbantes, "un entorno que debemos continuar a promocionar a través do deporte e do turismo deportivo", salientou o alcalde de Cenlle, quen agradeceu á Asociación de Veciños de Barbantes Estación Cenlle polo seu "traballo durante tantos anos coa Volta ciclista ao Ribeiro, así como por manter unha proba que trae consigo un forte retorno na promoción turística e deportiva do noso municipio".

Otros articulos relacionados.....