Información
Agenda de Galicia

Festa da Brincadeira o 5 de maio con mais de 30.000 persoas e a presenza de 170 postos no mercado.

Información
Localidades de Galicia 25 Abril 2019 523 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo sexta edición que prevé a asistencia de 30.000 persoas e a presenza de 170 postos no mercado. 


1 de 1

 

O domingo 5 de maio Bouzas viaxa ao pasado, ata 1809, para rememorar a Festa da Brincadeira que os veciños celebraron tras a expulsión das tropas napoleónicas. 

"É unha festa con sabor a Reconquista, a reconquista xenuína, con sabor a romaría urbana, con música e coa xente ocupando todo Bouzas", apuntou o rexedor, que felicitou á organización polo traballo que realiza e co que conseguiron que, ao longo de 16 anos, a festa se afianzase converténdose nunha referencia das celebracións viguesas. 

Caballero convidou á cidade sumarse á Festa da Brincadeira o vindeiro domingo, 5 de maio, "vestidos de época ou non pero para gozar e pasalo ben". 

José Manuel Vidal, presidente da Asociación de Veciños de Bouzas agradeceu ao Concello a colaboración nun evento que cada ano "vai a máis", coa previsión de xuntar preto de 30.000 persoas a vindeira fin de semana. Adiantou que haberá 170 postos, abertos desde as 11 da mañá ata as 12 da noite, e contarán coa actuación do grupo Los Coribantes o domingo ás 20:30 na Praia 

Otros articulos relacionados.....