Información
Agenda de Galicia

A 10K Carballo volve o 16 de xuño

Información
Localidades de Galicia 12 Abril 2019 267 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Natalia Rivas, Marcos Trigo e Amador Pena, nun momento da rolda de prensa de presentación da proba

Natalia Rivas, Marcos Trigo e Amador Pena, nun momento da rolda de prensa de presentación da proba

 

A Carreira Popular Concello de Carballo volve en xuño, o día 16, con importantes novidades para cumprir a súa novena edición e consolidarse como unha das mellores citas do Circuíto de Carreiras Populares Deputación da Coruña. Constará de tres probas: a 10K Carballo, oficial da FGA sobre unha distancia homologada de 10.000 metros, e puntuable nas categorías absolutas sub 20, sub 23, sénior e máster; a competición das categorías menores sub 18, sub 14, sub 12 e sub 10, tamén puntuables para o circuíto da Deputación; e as carreiras dos grupos de idade pitufos e biberón, non puntuables.

A inscrición, que abre mañá venres 12 de abril, realizarase en www.championchipnorte.com ata as 23.59 horas do 12 de xuño. É gratuíta para todas as categorías menores. Os participantes da 10K deberán pagar un prezo simbólico de 2 euros.

Unha das novidades é o adiantamento ás 10.30 horas da proba sénior, a primeira en disputarse. Como en pasadas edicións, os corredores terán á súa disposición servizos de avituallamento e de fisioterapia e recibirán o agasallo dunha camiseta. Outra das novidades importantes é que haberá caixóns de saída: os corredores, en función da marca que acrediten, terá un lugar reservado na saída.
Estes son os horarios de competición:

Entregaranse trofeos aos 1º, 2º, 3º clasificados masculino e feminino de cada unha das categorías no 10K así como nas sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10. As categorías sub 20, sub 23 e sénior" contemplaranse como única no que aos trofeos se refire. Tamén se premiará aos primeiros carballés e carballesa clasificados, ao corredor de maior idade, ao récord da proba, ao primeiro equipo clasificado, á entidade con máis participantes.

Presentación

Cartel da 10K Carballo 2109

Cartel da 10K Carballo 2109

A proba presentárona esta mañá na Casa do Concello o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o técnico municipal de deportes, Manolo Bardanca; e representantes das entidades deportivas carballesas que contan con sección de atletismo e corredores ganadores en anteriores edicións: Moncho Ríos e o subcampión galego máster +65 Antonio Remuiñán, do Club Atletismo Carballo; Martina Tasende, da AD Media Ducia, segunda carballesa clasificada en 2018; Natalia Rivas e David Landeira, mellores atletas locais o ano pasado; Amador Pena, vencedor absoluto en 2018; e o coristanqués Cristian Muíño, un habitual da carreira e sempre favorito aos posto de honra.

Rivas afirmou representar aos deportes de base e veterano do municipio: “Se encamiñamos aos rapaces desde pequenos, podemos facer ruído, bos resultados e chegar a establecer boas marcas, aínda que o importante é que os nosos e todos os corredores poñan as zapatillas e participen”.

“Desde Media Ducia”, dixo Martina Tasende, “tratamos de facilitar a entrada no atletismo ás mulleres de todas as idades e que teñan un oco no deporte”.

Amador Pena agradeceu “todas as mellores que se fan cada ano na carreira, como o adiantamento do horario de saída desta edición para evitar as temperaturas que nos pasaron factura outros anos”. “Esperemos”, engadiu, “facer unha carreira bonita e poñerllo difícil aos rivais”.

Manolo Bardanca repasou as novidades desta edición e anunciou outras “que se irán avanzando nos próximos días”. “Co adiantamento da saída”, explicou, “atendemos ao gusto dos corredores e pola necesidade de interromper o menos posible a vida ordinaria da vila. Que este ano haxa caixóns de saída, algo que caracteriza ás probas de certo nivel, fala das melloras e dos importantes pasos que damos cada edición para que medre a carreira”.

Bardanca agradeceu especialmente a colaboración do tecido asociativo de Carballo: “Porque no queremos que a 10K sexa una proba do Concello de Carballo, senón da vila de Carballo, de todo o concello. Hai que ter en conta que é un dos eventos deportivos que máis xente mobiliza, arredor de 80 voluntarios, para a súa organización”.

Marcos Trigo afirmou sentirse orgulloso “de estar hoxe aquí con esta xente que fai que estea tan alto o nome de Carballo e tamén o nome do atletismo galego”. O concelleiro salientou os cambios a mellor da 10K cada edición: “Esta é xa a novena e, efectivamente, ao longo dos anos, fomos intentado facer melloras e incorporar ideas que puidesen mellorar o circuíto, mellorar a proba e facilitar a asistencia dos participantes”.

“Quero animar á participación”, rematou, “pero sempre tendo en conta que hai que adestrar e vir ben preparados á 10K; e quero animar sobre todo á participación das mulleres: nós sempre quixemos visibilizalas e desde moi pronto, para reforzar o noso compromiso co deporte feminino, na imaxe do cartel aparecen non o gañador da anterior edición, senón o gañador e a gañadora”.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+