Información
Agenda de Galicia

Este sábado 13 de abril, unha vez máis a Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións mobilízase en 270 localidades de todo o Estado.

Información
Localidades de Galicia 12 Abril 2019 271 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Coordinadora considera o actual ciclo electoral, e principalmente as Eleccións Xerais do día 28 cruciais para o Sistema Público de Pensións, moito máis despois de que o pasado día 4 deste mes o Parlamento Europeo, dese as costas aos dereitos dos cidadáns, aprobando o (PePP) Plan Europeo de Pensións Individuais, todo un torpedo á liña de flotación dos sistemas públicos de pensións en Europa. Non puidemos evitar a súa aprobación a pesar do esforzo realizado, pero non nos imos a render, nin por iso, nin por ningún contratempo que teñamos.

 

Estamos decididos a xogar un papel primordial e a ser decisivos, nestas Eleccións Xerais, nas que non se debate absolutamente sobre os problemas da cidadanía, como pensións, sanidade ou dependencia, e empezaremos a xogar ese papel o sábado 13 en todo o territorio do Estado, un día despois do inicio da campaña electoral.

Facemos un chamamento a todos os cidadáns/ás, a que se unan a unha mobilización que consideramos de todo necesaria, para o futuro das pensións actuais e futuras.

Xunta de Portavoces de COESPE.

Localidades e horarios das mobilizaciós en Galicia

A Coruña ás 12:30 h no Obelisco

Cariño ás 12 h diante do Concello

Cangas ás 20 h diante do Concello

Ferrol ás 11:30 na Praza da Constitución (Cantón)

Lugo ás 12 h diante do Concello

Nigrán ás 12 h na alameda da Ramallosa

Noia ás 12 h diante do Concello

Pontevedra ás 12 h na Praza da Peregrina

Ribadeo ás 12 h diante do Concello

Vigo ás 20 h na Farola de Urzaiz

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+