Información
Agenda de Galicia

O sábado, 13 de abril, ás 12:30 horas, no Obelisco da Coruña, está convocada unha nova mobilización en defensa do sistema público de pensións

Información
Localidades de Galicia 11 Abril 2019 275 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

concentración convócaa Modepen (Movemento en Defensa das Pensións Públicas) da Coruña.

CGT da Coruña considérase convocada e quere amosar o seu apoio a esta concentración, facendo un chamamento ao pobo traballador para que se sume e amose o seu rexeitamento ás intencións da Unión Europea de continuar afondando no saqueo e na privatización dos plans de pensións.

Para a CGT, somente coa mobilización continua, con acción directa sen intermediarios, poderemos facer fronte a esta nova agresión capitalista.

Para a CGT, o enfrontamento cos agresores pasa por obviar o espellismo electoralista e continuar na mobilización e na loita, independentemente dos calendarios políticos que todo o remexen e todo o enturban.

Goberne quen goberne, as pensións deféndense!

Contra a explotación e o saqueo, solidariedade e loita!

Comité Local da CGT da Coruña

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+