Información
Agenda de Galicia

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA E O PCG LEVARÁN A CABO UN ACTO EN RECORDO DAS PERSOAS REPRESALIADAS

Información
Localidades de Galicia 11 Abril 2019 91 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O sábado 13 de abril, ás 12:00, na parte traseira da vella empresa azucareira de Iria Flavia-Padrón, Esquerda Unida Compostela e o PCG organizan un acto con motivo da proclamación da República, o 14 de abril de 1931.

 

Precisamente, por defender a legalidade republicana, os seus valores democráticos, centos e centos de persoas estiveron presas no campo de concentración que o franquismo instalou nas dependencias da empresa azucareira. Un campo que durou desde decembro de 1937 e abril de 1940, con capacidade recoñecida para 1.700 presos.

Hoxe, cando as persoas transitan pola nacional, tanto en sentido Padrón como Santiago, poucas saben que, no que queda da empresa azucareira, Franco instalou un campo de concentración, un espazo de represión para someter ás persoas republicanas e 'extirpar el gen rojo' como dicía o sádico psiquiatra do réxime, Antonio Vallejo Nágera.

O acto realizámolo, precisamente, para que se coñeza o noso pasado, lonxe dos revisionismos edulcorados que practica certa elite intelectual e mediática, porque só coñecendo a verdade poderemos non caer nos mesmos erros. É xusto e necesario, recordar e reivindicar a todas esas persoas que loitaron por unha República que emana do pobo, cuxos principios realmente democráticos asustaban aos fascistas, cuxos descendentes, a día de hoxe, aínda manteñen ese odio, ese medo a todo o que representaba aquela Unidade Popular.

Porque foron, somos, e por iso é preciso alzala voz contra todos aqueles que desexan que a longa noite de pedra retorne. Miramos, con orgullo, ao noso pasado para deixar ben claro que temos un futuro de e para todas e todos, e tal e como ditaba a Constitución Republicana, será con xustiza social, con igualdade, con dereitos para a clase traballadora e respectando ao medio ambiente.

No acto estarán presentes Pilar Pereiro, membro da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, Xesús Santos, historiador e bo coñecedor da realidade do campo de concentración de Padrón, Xesús Redondo Abuín, histórico militante do PCG e de EU e que sufriu a represión e a violencia do franquismo. O acto contará coa presentación de Xabier Ron, membro da executiva de EU e do PCG.

Otros articulos relacionados.....
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)