Desde a plataforma consideramos moi grave o feito de que unha persoa morra sen atención sanitaria pese a demandala, porque non exisir.

Información
Sergas | 19 Agosto 2022 | 497 Votos | Correo electrónico | Imprimir
Tras a triste e demoledora noticia da denuncia interposta por un familiar dunha persoa falecida no PAC de Baltar, por negárselle unha ambulancia por parte do 061 ao non presentar un cadro con febre; e como gota que colma o vaso, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Sanxenxo (SOS Sanxenxo), queremos mostrar o noso sentido pésame á familia da falecida, e convocar unha xuntanza o vindeiro luns, 22 para valorar a deriva que está a tomar este desmantelamento contínuo da nosa sanidade e a necesidade de trasladar á rúa a demanda de recuperar a sanidade pública e de calidade que merecemos.

Desde a plataforma consideramos moi grave o feito de que unha persoa morra sen atención sanitaria pese a demandala, porque non exisir. O fatídico día en cuestión, en O Grove, non houbo médico nas 24 horas, de forma que todas xs pacientes de O Grove foron derivadxs ao de Baltar. Preguntámonos se esta morte se houbera evitado de ter habido asistencia normal no Grove, pois é moi probable que esta persoa fora atendida, incluso no seu domicilio, e activado os protocolos correspondentes, cousa que por teléfono e sen unha valoración “in situ” é moi difícil de efectuar. Cando diciamos que os recortes en sanidade matan, por desgraza, non estabamos esaxerando. As contínuas mermas de persoal, peche de PACs e axendas de médicos, tantas veces denunciadas polas distintas asociacións é un caldo de cultivo propicio para que estas desgracias pasen. Só era cuestión de tempo que se traduciran nunha realidade; pois nada se fixo por parte da Consellería de Sanidade, o Sergas e a propia Xerencia da área Pontevedra-O Salnés cara revertir a preocupante situación na que nos encontramos. Así que ususarixs, sanitarixs, e demáis persoas deste concello, en breve, desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Sanxenxo, e co apoio doutras organizacións do tecido sanitario e social, levaremos a cabo distintas accións ás que vos animamos a unirvos.

Por unha sanidade pública e de calidade!!

Consello Constitucional Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Sanxenxo (SOS Sanxenxo)Solicitan a la Xunta el cierre de la UCI de COSAGA en Ourense por presuntas  irregularidades e incumplimiento legal. | Xornal Galicia

 

Plataforma pola Defensa do Centro de Saude de Seixo

🎯ARRANCA A RECOLLIDA DE SINATURAS EN MARÍN DA ILP EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA CUN ACTO SIMBÓLICO EN SEIXO

🕥 Este foi o
primeiro acto para recoller sinaturas nas comarcas de Pontevedra e o Morrazo e na nosa Plataforma escollemos o Centro de Saúde de Seixo porque levamos máis de 13 meses botándolle un pulso á
Xunta contra os seus recortes e contra a idea de pechar centros de saúde no rural como o noso 💪🏽

📝 A xente respondeu moi ben. Ás 10:30 da mañá xa había persoas agardando para asinar 😅 e houbo persoas que viñeron a propósito. AGRADECID@S, VECIÑ@S 😍
📸 Pincha no enlace para mirar todas as fotos.

📍A recollida vai durar varios meses polo que non vai quedar atrás ninguén que queira colaborar 😉Estaremos tamén:🔹no Centro de Saúde de Marín🔹no mercadillo dos xoves🔹no mercadillo do
Cantodarea🔹nas parroquias🔹e en cantos sitios poidamos ➡️ Iremos informando aos poucos das datas e lugares concretos.

🤝🏼 Como esta iniciativa nace de todas as plataformas galegas
a idea é coller cantas máis sinaturas mellor en cada concello para entregar no Parlamento Galego todas xuntas 👀 Temos que conseguir un
mínimo de 10.000 sinaturas válidas, de galegas e galegos maiores de idade, para
 forzar á Xunta a debater a grave situación da sanidade pública e a tomar medidas.

ℹ️ Se queres colaborar coa recollida de sinaturas contáctanos polas nosas redes ou no 699484676. Todas as mans suman 💪🏽 Seguiremos informando porque isto non fixo máis que comezar. 𝗖𝗢𝗔 𝗡𝗢𝗦𝗔 𝗦𝗔𝗨́𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗘 𝗫𝗢𝗚𝗔❗️

🔄 Coma sempre, dalle a gústame 👍🏽 e comparte, para que chegue a máis xente! Xunt@s, somos máis fortes!

https://www.facebook.com/105209305161652/posts/pfbid02Hhh5pNCMf1AKioWV8wqjaSiq8nnVzQ5CPoZMggaKqPBB2ft2D62XqEvowAFPYfgal/

social youtube xornalgalicia   feed-image