Imprimir

Situación extrema, do Sistema Sanitario Público en Galicia con Feijóo mirando para Madrid, especialmente aos servizos de Atención Primaria e ás Áreas Sanitarias.

Información
Sergas | 04 Enero 2022 | 1224 Votos

El Gobierno de Feijóo dio orden de borrar todo rastro de las mascarillas  falsificadas compradas por el Sergas cuyos documentos están preservados en  manos de Xornal Galicia. - Xornal Galicia | Xornal GaliciaDesde a Asociación  Galega para a Defensa da  Sanidade Pública, queremos denunciar a situación extrema, que afecta o Sistema Sanitario Público en Galicia, especialmente aos servizos de Atención Primaria e ás Áreas Sanitarias.

 

Como vimos denunciando reiteradamente desde hai anos, a política de recortes do PP en persoal e co desmantelamento da Atención Primaria, levóunos a unha situación límite na asistencia sanitaria, como se pode ver na situación en Centros de Saúde, Puntos de Atención Continuada (PAC) ou nos servizos hospitalarios dos Distritos Sanitarios (das Áreas suprimidas).

É inaceptable a actitude de inhibición da Consellaría de Sanidade e da Xunta de Feijoo, responsables da situación, que non parece que váia a cambiar: como mostra a reducción do 2% nos orzamentos de AP para o 2022.

De non modificarse esta situación, a Atención Primaria e os hospitais comarcais  poden acabar nunha crise irreversible, que tería consecuencias demoledoras para o conxunto do Sistema Sanitario Público Galego e para a saúde da poboación.

Exiximos ao PP e o sr. Feijoo a rectificación destas políticas de desmantelamento e que poña a AP no centro de debate (e dos orzamantos) deste ano 2022.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría de nivel principal o raíz: Xunta de Galicia
Categoría: Sergas
Visto: 1224