A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia quere manifestar o seu apoio ás mobilizacións cidadás e á Plataforma SOS Sanidade da comarca de Verín, na súa protesta contra o desmantelamento do Hospital Comarcal onde se pretende pechar o paritorio e recortar os servizos de Pediatría.
Consideramos que estes recortes, responden a unha estratexia perfectamente deseñada pola Consellaría de Sanidade e polo SERGAS, para:
Desmantelar e pechar progresivamente os hospitais comarcais, despois de aprobarse no seu momento, a reforma da Lei Galega de Saúde pechando Áreas Sanitarias e creando as chamadas EOXIS.
Esta reforma legal (pero non xusta) foi contestada polas Plataformas SOS Sanidade Pública con mobilizacións en todalas Áreas suprimidas e cunha gran manifestación en Compostela o pasado mes de febreiro, con máis de 30.000 asistentes.
Pero non soamente este servizo é obxecto de recortes, xa que os mesmos afectan a Dermatoloxía e ao persoal de Pediatría, Cirurxía, Anestesia e Medicina Interna.
Esta política afasta á poboación das áreas rurais, que vese obrigada a percorrer moitos quilómetros para recibir unha atención que agora é próxima. Esta discriminación da poboación rural, foi rexeitada por SOS Sanidade por inequitativa e inaceptable.
Ademais de aforrar a Consellaría de Sanidade, ca súa política economicista, pretende ir abrindo camiño á privatización, como mostra o desembarco e a ampliación de numerosos centros sanitarios privados.
Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, chamamos ás organizacións sociais, sindicais e políticas de toda Galicia a poiar esta mobilización.
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, convoca unha xuntanza de todalas Plataformas e organizacións que a integran para:
1.- Acordar medidas de apoio á cidadanía e profesionais do Hospital de Verín, se non hai resposta ás súas demandas pola Consellaría.
2.- Valorar o resultado das negociacións e acordos co SERGAS, nas Comisións Sectoriais do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia.
3.- Situación do proxecto de ampliación do Hospital Montecelo de Pontevedra sometido a graves recortes.
4.- Estudar a organización dunha gran manifestación a favor da Sanidade Pública e contra os recortes e a deterioración da mesma.
A xuntanza celebrarase o día 12 de decembro ás 17,30 h. nos locais do Sindicato CIG de Santiago
SOS Sanidade Pública de Galicia quere manifestar o seu apoio ás mobilizacións cidadás e á Plataforma SOS Sanidade da comarca de Verín
SOS Sanidade Pública de Galicia quere manifestar o seu apoio ás mobilizacións cidadás e á Plataforma SOS Sanidade da comarca de Verín
- Información
- Sergas | 03 Diciembre 2019 | 4970 Votos | Correo electrónico | Imprimir
- Detalles
- Categoría de nivel principal o raíz: Xunta de Galicia
- Categoría: Sergas
- Visto: 4970