Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública (da que forma parte a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ) compareceu ante o Supremo para solicitar que se confirme a doutrina da incompatibilidade que impide a prestación de servizos médicos na sanidade pública e na concertada, co obxecto de evitar a merma do servizo sanitario público.
A incompatibilidade para prestar de servizos no sector público e na sanidade concertada, vén sancionada pola Lei 53/1984, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas. A pesares desto o 20% do persoal médico de atención especializada está a “compatibilizar” os seus servizos na pública e na concertada, o que afecta ao redor de 700 profesionais. A Xunta de Galicia mantén unha posición de absoluta pasividade, facendo a vista gorda, con só unha ducia de expedientes incoados.
Unha recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia veu poñer en xaque o sistema de incompatibilidades, ao autorizar a unha xinecóloga de A Coruña a compaxinar os seus servizos no SERGAS e nun centro concertado, limitándoa ás actividades que non sexan obxecto do concerto. Este pronunciamento enfróntase á radical a doutrina do Tribunal Supremo sobre a prestación en dous centros que participen do sistema público de saúde.
Resulta significativo que malia a relevancia deste pronunciamento, que cambia o criterio utilizado pola administración para denegar as autorizacións, a Xunta de Galicia (parte nese preito), non presentara recurso de casación fronte ao Tribunal Supremo cando é clara a xurisprudencia do mesmo neste tema, actitude que obrigounos a intervir na defensa da sanidade pública,
A letrada da Federación, Julia Álvarez, afirma que
-
Non se entende esta Sentenza do TSXG que modifica de maneira inxustificada os criterios do Tribunal Supremo sobre compatibilidades, máis aínda tendo en conta a significación social deste conflito, con centos de profesionais que compatibilizan ou pretenden compatibilizar o servizo de maneira contraria ao ordenamento xurídico. Xa non só porque se legaliza o espolio de recursos humanos do servizo público, senón porque este pronunciamento, de se consolidar, modificaría o edificio de compatibilidades beneficiando ao capital privado xa favorecido polos concertos sanitarios feitos a costa dos nosos impostos e dos nosos servizos públicos”.
-
O Tribunal Superior de Xustiza entendeu relevancia social da nosa impugnación, que permitiu a irrupción da Federación neste preito e que se nos autorizase a recorrer ante o Supremo, malia non formar parte da controversia dende o principio”.
A resolución de fondo neste procedemento afectará, pola súa relevancia, aos estándares de calidade da sanidade pública galega. Agardamos que o Supremo confirme o criterio claro que vén sostendo dende hai décadas sobre a incompatibilidade”.