Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias
Open menu

O Colectivo das Pedras Galladas denuncia verteduras no río Valiñas ao seu paso por Sésamo

Información
19 Marzo 2024 - Son Noticia - Correo electrónico - Imprimir 1529 votos

photo_2024-03-19_12-24-21.jpgO río Valiñas está a sufrir verteduras incontroladas ao seu paso por Sésamo (Culleredo), á altura da rúa Cangas (moi próxima á fronteira co concello de Cambre). Ao parecer, poderían ser procedentes dalgún colector de saneamento, mais aínda non se coñecen os detalles.

Membros do Colectivo das Pedras Galladas denunciaron esta situación no 112 en máis dunha ocasión nos últimos días. Un técnico de Augas de Galicia presentouse no lugar afectado, mais a situación non cambiou e continúan as verteduras na canle fluvial.

O río Valiñas vive un constante acoso contra a súa integridade. Hai apenas dous anos, construíuse unha gasolineira xusto á súa beira, contra a que alegaron grupos veciñais. Ademais, anos antes instalouse a poucos metros o Centro Loxístico de Transportes de Culleredo, en Ledoño, e durante este tempo producíronse varias denuncias por verteduras nun dos seus afluentes directos.

O Concello de Culleredo ten que implicarse na defensa e protección do seu patrimonio natural e apoiar a veciñanza que está denunciando os actos que van en contra da saúde do río Valiñas.

 
Colectivo das Pedras Galladas
social youtube xornalgalicia   feed-image