Usuarios iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 


Noticias de última hora sobre la actualidad en España y el mundo: política, economía, deportes, cultura, sociedad, tecnología, gente, opinión, viajes, moda, .
 
Galicia Noticias

Margarida Prieto Ledo, vén de solicitar á Deputación de Lugo un informe da Reserva da Biosfera Terras do Miño sobre a afección que a macroindustria de celulosa proxectada por Altri-Greenfiber

Información
27 Marzo 2024 - Son Noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2073 visitas

Solicitamos a realización dun informe por parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño sobre os impactos da macrocelulosa Altri

De ser construída, esta fábrica de 366ha. afectaría a poboación e territorio nun radio de máis de 30km

Pedimos tamén á Reserva da Biosfera Terras do Miño que presente alegacións contra este proxecto contaminante

Vilalba26 de Marzo 2024. AResponsábel da Loita contra o Acaparamento de Terras no Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLLe vogal do SLG-CCLL no órgano consultivo da Reserva da Biosfera Terras do MiñoMargarida Prieto Ledovén de solicitar á Deputación de Lugo un informe da Reserva da Biosfera Terras do Miño sobre a afección que a macroindustria de celulosa proxectada por Altri-Greenfiber tería sobre a poboación e territorio nun radio de alomenos 30km, a contorna mínima delimitada con presenza de gases contaminantes asociada a unha megafábrica coma esta que, lembremos, ocuparía unha extensión de 366 hectáreas -10 veces maior que a polémica celulosa de Ence-, consumiría 46 millóns de litros de auga/día e vertería 30 millóns de litros de auga contaminada diarios.

"Este proxecto vai ter un importante impacto en varios concellos que formar parte da Reserva da Biosfera Terras de Miño, como por exemplo Friol, Guitiriz e Guntín....", advirte a vogal do SLG-CCLL. "Existe unha preocupación cada vez maior entre a cidadanía ante a posibilidade de instalación desta industria depredadora de recursos natuarais no corazón do noso país, que ademais do acaparamento e contaminación de augas e terras, implicaría empeorar a problemática que xa temos cos eucaliptos a día de hoxe, acrecentando a nosa perda de biodiversidade e aumentando exponencialmente o risco de incendios, ca especial perigosidade que isto atinxe para a poboación que vivimos no medio rural".

Dada a envergadura e dimensións deste proxecto e as diferentes afeccións que vai a ter sobre os concellos situados nun radio de máis de 30km., indica Margarida Prieto no escrito dirixido á Deputación de Lugo, "solicitamos se emita informe dos impactos e afeccións sobre os concellos que están integrados na Reserva da Biosfera Terras do Miño (Friol, Guitiriz, Guntín...), e se presenten alegacións ao mencionado proxecto polos impacto que vai a ter sobre o medio ambiente e sobre as actividades económicas existentes no territorio".

A Responsábel da Loita contra o Acaparamento de Terras no SLG tamén se dirixiu o pasado xoves 21 de marzo á Consellaría do Medio Rural para solicitar información sobre o número e orientación produtiva das explotacións agrogandeiras existentesno radio de afección.

Ademais,dende oSindicato Labrego Galego poñemos a disposición da cidadanía modelos de alegaciónelaborados pola Plataforma Ulloa Viva e outras organizacións sociais e ecoloxistasao tempo que facilitamos como punto de entrega de alegacións os nosos locais nos concellos de Arzúa, Melide, Compostela, Santa Comba, Ordes, Betanzos, Teixeiro, Moeche, Valdeorras, Ribadavia, Xinzo, Lugo, Sarria, Chantada, A Fonsagrada, As Nogais, Ribadeo, Lourenzá, Vilalba, Meira, A Estrada, Lalín, Ponteareas, O Rosal, Crecente e O Salnés, até o venres 22 de abril.

social youtube xornalgalicia   feed-image

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

Obtener documentos ejemplares en PDF, a info@xornalgalicia.com.

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV