CCOO amosa o seu pesar polo falecemento dunha traballadora no Hotel Balneario de Mondariz.

Información
29 Julio 2024 - Son Noticia - Correo electrónico - Imprimir - 515 votos

O sindicato alerta do incremento da sinistralidade laboral en Galicia, e traslada as súas condolencias aos familiares, compañeiros e amizades da traballadora, que perdeu a vida nun accidente laboral nas instalacións do Hotel.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia, sinala que a protección da seguridade dos traballadores e traballadoras é «unha das prioridades» nas relacións laborais nun estado de dereito. Por esta razón, «queremos lembrar a importancia e necesidade de reforzar nestas datas todas as medidas de Prevención de Riscos que permitan evitar situacións de tensión térmica que poidan derivar en situacións fatídicas»

A espera de confirmar oficialmente as causas do falecemento da traballadora, CCOO alerta do incremento «xeneralizado» da siniestralidade laboral no noso país, razón pola cal o sindicato reivindica políticas públicas en saúde laboral e un maior control por parte da Administración sobre a aplicación das ferramentas de prevención de riscos laborais en todas as empresas. Insistimos na necesidade de colaboración entre os diferentes axentes involucrados na prevención para evitar que traballadores e traballadoras sigan perdendo a vida a causa de accidentes laborais e esiximos a pronta e exhaustiva investigación do facelemento e a depuración de responsabilidades se as houbese.

Onda de Calor e traballo.

CCOO de Galicia, volve reclamar, como o leva facendo desde hai moitos anos, que se actúe ante as temperaturas extremas nas contornas laborais, pois as persoas traballadoras son un colectivo vulnerable. Debe actuarse, non só cando hai ondas de calor, senón que hai que previlas e estar preparado todo o ano. Co cambio climático estes episodios son cada vez máis numerosos e frecuentes, mesmo fóra dos períodos estivais. De feito, o mes de abril de 2024 habemos soportamos as primeiras temperaturas anormalmente elevadas, sen chegar a ser cualificadas como onda de calor.

Evitar a tensión térmica é unha obrigación para todas as empresas desde que existe a Lei de Prevención de Riscos Laborais. O Real Decreto, seguridade e saúde nos Lugares de Traballo, modificado o ano pasado, permite paralizar a actividade laboral ante unha alerta vermella ou laranxa para calquera risco relacionado con fenómenos meteorolóxicos adversos, incluídas as temperaturas extremas. Ampara a calquera persoa traballadora, especialmente ás que desenvolven a súa tarefa ao aire libre ou en lugares de traballo pechados non climatizados, se a aplicación de medidas preventivas non é suficiente para poder garantir a súa saúde.

Este ano existe unha novidade importante no Plan nacional de actuacións preventivas dos efectos do exceso de temperaturas sobre a saúde (Ano 2024), que desenvolve o Ministerio de Sanidade para evitar os danos á saúde de toda a poboación. Nel inclúense como *zonas isoclimáticas as que marca a AEMET, posto que non todas as rexións teñen o mesmo limiar de temperatura máxima para dar os seus avisos por calor (non afectan da mesma maneira 35 graos en Madrid que en Mondariz).

*Mapa de niveles de riesgo para la salud: https://www.sanidad.gob.es/excesoTemperaturas2024/meteosalud.do

Desde o punto de vista da protección da saúde, tamén para a poboación traballadora, é necesario incluír estas alertas epidemiolóxicas, que se incluíron na páxina de AEMET como alertas METEOSALUD, nos plans fronte á calor das empresas, posto que se demostrou que os danos á saúde comezan moitas veces antes de que se disparen as alertas meteorolóxicas por ondas de calor.

social youtube xornalgalicia   feed-image

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

Aviso Importante

Debido al incremento de accesos y a las limitaciones de capacidad en nuestros diarios digitales, nos vemos obligados a retirar temporalmente la opción de descarga de archivos en formato PDF desde nuestra plataforma online.

Si algún lector desea obtener alguno de los ejemplares en PDF, puede solicitarlo enviando un correo electrónico a info@xornalgalicia.com. Estaremos encantados de atender su solicitud.

Agradecemos su comprensión y apoyo.

Atentamente,
El equipo de Xornal Galicia

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV