Diante as declaracións do Conselleiro de Sanidade que atribúe ao BNG a convocatoria da Manifestación promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública para salvar a Atención Primaria e a sanidade Publica galega o día 12 de febreiro na Praza do Obradoiro , e acusa á Plataforma de ser un apéndice do Goberno Bipartito (PSOE e BNG), desde SOS Sanidade Pública queremos comunicar que:
1.- Denunciamos esta información como unha Fake News do Goberno galego destinada a crear confusión na opinión pública e profesional, que mostra a gran preocupación da Xunta pola mobilización social contra da política de destrución da Atención Primariua e do Sistema Sanitario Público en Galicia.
2.- A convocatoria da Manifestación foi acordada de maneira unitaria pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia que agrupa máis de 30 Plataformas Locais, e 44 organizacións que inclúen organizacións sociais, veciñais, de pacientes e profesionais; ONGs, sindicatos (CIG, CCOO, UGT) e partidos PSOE, BNG, Podemos, EU, mareas locais, etc.
3.- A Plataforma é unha alianza social e profesional, de carácter apartidario, que leva anos defendendo a Sanidade Pública Galega fronte á política de desmantelamento e privatización da Xunta de Galicia, gobernada polo Partido Popular, e propoñendo medidas para o seu fortalecemento e mellora.
4.- A Manifestación do día 12 de febreiro, convocada por SOS Sanidade Pública apoia a Iniciativa Lexislativa Popular, da que levemos recollidas miles de firmas, para que o Parlamento de Galicia debata e aprobe un conxunto de medidas destinadas a frear o desmantelamento da Atención Primaria na nosa Comunidade Autónoma e abrir o camiño da súa recuperación.
Manuel Martin Garcia
Voceiro SOS Sanidade Publica
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- A XUNTA “DEIXA ABANDONADA Á CIDADANÍA” FRONTE Á SITUACIÓN SANITARIA “MÁIS CRÍTICA QUE SE LEMBRA” EN GALICIA
- AGDSP "Rexeitamos de forma rotunda e contundente o proxecto da Xunta de permitir aos médicxs compatibilizar a sanidade pública co traballo nun centro privado concertado."
- Colegio Oficial de Médicos de la provincia de Pontevedra ha acordado, por unanimidad, romper todo tipo de relación con la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia hasta que cambie el equipo de la misma