Elena Espinosa esíxelle ao goberno galego o incremento do persoal sanitario para reducir as listas de espera e rebaixar a tensión entre os usuarios e usuarias
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2024. A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa, responsabilizou á “nefasta” xestión sanitaria por parte do PP do incremento das agresións na sanidade. Espinosa presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Sanidade do Parlamento para reclamarlle á Xunta que poña en marcha un Plan de mellora das condicións de traballo e a seguridade para os profesionais da saúde e o reforzo do persoal de Atención Primaria para mellorar a calidade educativa, que foi rexeitada polo PP.
A responsable socialista explicou que o aumento das agresións está directamente relacionado coa “deficiente atención na Atención Primaria”, que vén provocada á súa vez pola “nefasta e interesada xestión do PP na sanidade pública”. Advirte que, segundo relata o persoal sanitario, as agresións “prodúcense na maior parte dos casos pola demora na atención”, e mesmo “pola desesperación da xente”.
A saturación e colapso do sistema sanitario, explicou, con listas de espera inasumibles, demoras na atención e saturación xeneralizada ten provocado por exemplo o incremento dun 13 por cento nas agresións a enfermeiras no ano 2023, situando a Galicia como a quinta comunidade autónoma con máis agresións a este persoal en todo o Estado.
E todo iso, alerta, malia á infra – notificación de incidentes violentos nos centros sanitarios, segundo sinala o director do Observatorio de Agresións do Consello Xeral de Enfermaría, que vén de publicar recentemente o seu informe sobre agresións a enfermeiros e enfermeiras.
Espinosa salienta que, malia que sexa necesario que o persoal dispoña dun botón SOS no ordenador, que precisen cursos de formación para detectar estas situacións, reducir a tensión e que aprendan a tomar medidas, estes elementos “non son a solución definitiva, porque o problema principal é a impotencia dos pacientes e os familiares polos déficits de atención sanitaria”.
Explicou que estes dirixen a súa frustración cara aos traballadores e traballadoras de primaria, que teñen diante, pero que “en realidade, máis que responsables, son vítimas da xestión desastrosa do PP na sanidade pública”. Por iso, dixo, cumpre abordar as agresións no ámbito sanitario a través do reforzo do persoal e dun Plan de mellora das condicións de traballo e seguridade para os profesionais da saúde.
Espinosa aludiu así a feitos como a recente agresión vivida no centro de saúde Virxe Peregrina de Pontevedra que tivo lugar no pasado mes de setembro, que “hoxe está xudicializado”. Este non é máis que o exemplo das agresións que os profesionais sanitarios, fundamentalmente de atención primaria, veñen sinalando dende hai tempo, e que foi o motivo dunha concentración diante do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, pedindo “cero agresións no sector primario”.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- A XUNTA “DEIXA ABANDONADA Á CIDADANÍA” FRONTE Á SITUACIÓN SANITARIA “MÁIS CRÍTICA QUE SE LEMBRA” EN GALICIA
- AGDSP "Rexeitamos de forma rotunda e contundente o proxecto da Xunta de permitir aos médicxs compatibilizar a sanidade pública co traballo nun centro privado concertado."
- Colegio Oficial de Médicos de la provincia de Pontevedra ha acordado, por unanimidad, romper todo tipo de relación con la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia hasta que cambie el equipo de la misma