Comunidado Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública sobre as Listas de Espera
As listas de espera son unha Cuestión de Estado para a Conselleria de Sanidade xa que mostra a eficiencia do sistema e a corrupción (desvío de pacientes á privada, dobre dedicación do persoal do sistema público etc.)/ etc.) e son a principal causa de malestar social co funcionamento do sistema. Tamén serven a argumento para desmantelar o sistema e incrementar os seguros privados que xa ten contratado máis do 26% da poboación
1. Están falseadas , existe evidencia de que o 36% das persoas en espera están ocultas nas Listas Non Estruturais.
2. O Tempo de espera cirúrxico creceu un 8,4% respecto ao ano 2023, con 71 dias de espera, un 16% máis que o que marca o Decreto de Garantes de Espera (a Xunta de Galicia incumpre as súas propias leis). O mais grave é que as persoas que esperan unha intervención cirúrxica mais dun ano creceron un 48,3%. As persoas maiores e enfermos crónicos sexan as máis afectadas (discriminadas) como demostra que as esperas mais elevadas sexan en traumatoloxía (artrose, prótese, etc), oftalmoloxía (cataratas), uroloxía (problemas de próstata) ou otorrino (xordeiras).
3. O tempo de espera para consulta é de 71,6 días, creceron un 12,1%, superando nun 37,1% a lexislación de garantías. Estas listas inclúen a 220.033 persoas que supoñen o 9% da poboación galega.
4. Todos os tempos de espera de probas diagnósticas creceron (salvo en radioloxía), chamando a atención o aumento nun 60% as espera de Medicina Nuclear fundamental no control e tratamento do cancro.
5. Se sumamos todas as esperas desde o momento en que unha persoa sente enferma e acode ao seu Centro de Saúde o tempo medio para ser intervido cirurxicamente o tempo real de espera é de 225 días (sete meses e medio), aínda que hai persoas que esperan mais de dous anos.
Ante tanto desastre o Conselleiro de Sanidade anuncio un Plan para facelas fronte, pero que é difícil de crer dado que para aplicalo farían falta máis recursos e o gasto sanitario dos orzado polo PP para o 2025 é practicamente o mesmo deste ano se descontamos a inflación prevista.
Seria absolutamente inaceptable utilizar este problema para incrementar as derivacións de pacientes aos Centros Privados. As Listas de espera son utilizadas para incrementar a concertación e o aseguramento privado (xa alcanza ao 16% da poboación galega a pesar de que tamén ten listas de espera e que envía a publícaa os casos graves e custosos de tratar).
As Listas de Espera necesitan: Mais recursos (incrementar o orzamento sanitario en lugar de recortalo), transparencia (coñecer todas as persoas ocultas nas Listas Non Estruturais), coñecer os criterios para xestionar as mesmas, incrementar a actividade dos hospitais (moitos servizos funcionan a medio gas), aprobar unha política de persoal que incentive a actividade do persoal e acabar coa corrupción da dedicación do persoal á pública e a privada.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- A XUNTA “DEIXA ABANDONADA Á CIDADANÍA” FRONTE Á SITUACIÓN SANITARIA “MÁIS CRÍTICA QUE SE LEMBRA” EN GALICIA
- AGDSP "Rexeitamos de forma rotunda e contundente o proxecto da Xunta de permitir aos médicxs compatibilizar a sanidade pública co traballo nun centro privado concertado."
- Colegio Oficial de Médicos de la provincia de Pontevedra ha acordado, por unanimidad, romper todo tipo de relación con la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia hasta que cambie el equipo de la misma